Mellora importante nas comunicacións na área de Santiago. Chega cun ano de retraso, pero hoxe entra en servizo o chamado enlace orbital: non é máis que un quilómetro de autovía, pero permite comunicar a AP-9 coa A-54 a que vai ó aeroporto (e a Lugo cando estea rematada) e os parques empresariais. Supuxo un investimento de 25 millóns.
A conexión axudará a quitar tráfico, sobre todo camións, do periférico.
No acto de apertura estivo o secretario de Estado de transportes que antes visitou, precisamente, as obras de construcción do viaducto de Pambre na autovía entre Lugo e Santiago.
Escuchar audio