Varios asuntos relacionados co medio ambiente chaman hoxe a nosa atención. A Xunta, coa oposición veciñal, aprobou o carácter estratéxico da mina de Touro. Ademais, no consello deste luns puxo en maracha os trámites para unha nova lei de administración ambiental simplificada. E, hoxe no Parlamento inicia o seu trámite o proxecto de lei que regula o aproveitamento dos recursos naturais.
Outro asunto do que estar pendentes este martes. A primeira reunión entre Alfonso Rueda e Abel Caballero. Terá lugar na delegación da Xunta en Vigo.
O TEMPO. aumenta a inestabilidade atmosférica e pola mañá mesmo hai risco dalgún orballo no noroeste da Coruña. Pola tarde medrarán nubes de evolución no interior que poden deixar chuvascos tormentosos. Baixan as temperaturas máximas
Escuchar audio