Tras moitos anos de desencontros a Xunta e o concello de Vigo abren unha vía de diálogo. Houbo que agardar nove anos a que o alcalde e o presidente do executivo galego se reuniron, pero a dicir dos dous, o encontro foi moi constructivo.
Un galego, o presidente do Consello Consultivo, está entre os designados polo PP para formar parte do Consello Xeral do Poder Xudicial.
accidente grave na autovía do Salnés. Unha muller faleceu no choque entre os coches. Era a ocupante dun turismo que entrou na vía en sentido contrario.
Deportes. Tamara Echegoyen é a principal candidata a figurar como abandeirada nos xogos olímpicos de París. En fútbol, Racing e Deportivo coñecerán hoxe o seu calendario de Liga.
O tempo. Hoxe continuaremos con aire frío nas capas altas da atmosfera, polo tanto mantense a inestabilidade
Escuchar audio