Nova marcha en Pontevedra contra a fábrica de Celulosas. Unha mobilización á que nesta ocasión se uniron os colectivos que se opoñen ó proxecto que Altri pretende instalar en Palas. As organizacións convocantes critican á Xunta por apostar por un modelo económico depredador dos recursos naturais.
No centro de Inditex en Arteixo continúa o peche dun grupo de dependentas que reclaman
unha negociación provincial das mellores laborais pendentes. E, en Carballo comezou unha folga no servizo de recollida de lixo... Protesta convocada ás portas das festas patronais.
No tempo hai aviso amarelo por chuvias no oeste é suroeste da Coruña. Poden superar os 40 litros por metro cadrado en 12 horas. Permanecerá activo desde as nove da mañá ás nove da noite. Agora destacan as temperaturas altas que xa non van subir moito ó longo do día
Escuchar audio