A oposición en Ourense vai seguir falando pra intentar poñerse dacordo e presentar unha moción de censura ó alcalde Pérez Jácome. Nos problemas todos están dacordo... xa se intúe que o obstáculo pode ser a designación do substituto.
O Congreso pide unha AP-9 libre de peaxes... pero a moción aprobada a instancias do BNG non supón unha obraiga para o goberno. O PSOE abstívose. Hoxe o ministro de Transportes está en Lugo, veremos se vai ter en conta a opinión da maioría parlamentaria.
E, os estudantes que aprobaron as probas de acceso á universidade xa botan contan pra ver a que titulación poden acceder.
Logo do paso da fronte esta pasada noite, o vento do oeste aínda arrastra nubes e aire humido, con temperaturas máximas máis baixas, pero subiron as mínimas
Escuchar audio