Detido o loteiro de Lugo que denunciara o roubo de 400 mil euros na súa administración o pasado Nadal. O home saíra en todos os medios explicando como dúas persoas o abordaran ó entrar no local e, a punta de pistola, lle obrigaron a entregar os cartos. Contaba, con bastante pausa e tranquilidade, o medo que pasara. Xa daquela a policía tiña sospeitas de que algo non cadraba, pero tempo despois a xuíza arquivou o caso
Os axentes seguiron investigando e atoparon indicios de que todo fora un plan do loteiro argallado cun matrimonio, tamén arrestado. O home xa avisara o banco de que ía ingresar unha cantidade elevada de cartos e as cámaras de seguridade da administración foran desactivadas.
Escuchar audio