Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.... more
FAQs about Galicia Informativos:How many episodes does Galicia Informativos have?The podcast currently has 14,269 episodes available.
May 27, 2024Informativo Galicia 19:50 - 27/05/24División de opinións pola liña de acción que pretende seguir o conselleiro de sanidade, avanzada nunha entrevista en Radio Nacional. Antonio Gómez Caamaño amósase partidario a reordena-los recursos nas zonas con poboación máis dispersa. Pero os colectivos cren que é unha forma de ocultar o déficit de persoal, especialmente dos pediatras. Outro sector crítico coas administracións é o dos avogados da quenda de oficio. Os de Corcubión danse de baixa no servizo. Antes foron os de Lalín, A Estrada e Ourense....more9minPlay
May 27, 2024Crónica de Galicia - 27/05/24Reaccións á entrevista en Radio Nacional ó conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, partidario de reordenar recursos nas zonas con poboación máis dispersa, en concreto os pediatras. A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública ve nestas palabras un eufemismo pra xustificar que non haxa pediatras en tódolos centros de saúde. Sí admite que noutras especialidades con menos demanda poida haber certa distancia xeográfica co usuario. Pero non en pediatría, porque é parte esencial da atención primaria. Outro colectivo, Enfermeiras en Loita, celebra o anuncio de acabar cos contratos temporais, aínda que o acollen con certo escepcitismo....more44minPlay
May 27, 2024Informativo A Coruña 8:45 - 27/05/24Resoa o eco da manifestación multidudinaria que este domingo berrou "NON" ao á fábrica que a multinacional portuguesa Altri proxecta en Palas de Rei. Ata o Concello lugués desprazáronse colectivos de toda a provincia, coma as mariscadoras da ría de Noia, que temen os efectos nocivos da factoría sobre os bancos marisqueiros. - Veciñanza e Concello de Culleredo estudan presentar un recurso contra as servidumes acústicas do aeroporto de Alvedro. - En Rianxo, a oposición tuba os Orzamentos municipais no pleno e a cuestión de confianza vencellada a eles. Aínda que se abre o prazo para que os partidos presenten unha moción de censura, o PSOE desbótao.- Uns 200 establecementos de Santiago celebran dende hoxe Compostela Diversa, un amplo programa para darlle visibilade ao colectivo LGTBI+...more14minPlay
May 27, 2024Informativo Galicia 7:45 - 27/05/24Milleiros de persoas dixeron Non á instalación unha proxecto que a portuguesa Altri quere instalar no municipio de Palas. Non só polo impacto ambiental na comarca da Ulloa senón tamén polo impacto que terá na ría de Arousa, na desembocadura do Ulla. Este domingto escoitamos en Radio Nacional ó novo conselleiro de Sanidade: Antonio Gómez Caamaño promete mellor ateción á saúde metal e unha reordenación dos recursos ante a falta de facultativos en especialidades como pediatría ou de familia..Deportes. O Celta despediu a temporada cun empate en Balaídos; o Racing deixou escapar as súas opcións de disputar a promoción de ascenso a primeira.Co comezo da semana Galicia queda na influencia das altas presións, polo que a estabilidade irá en aumento...more14minPlay
FAQs about Galicia Informativos:How many episodes does Galicia Informativos have?The podcast currently has 14,269 episodes available.