Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.... more
FAQs about Galicia Informativos:How many episodes does Galicia Informativos have?The podcast currently has 14,269 episodes available.
May 24, 2024Informativo A Coruña 8:45 - 24/05/24O xuízo polo crime de Samuel Luiz, o mozo que morreu na Coruña a comezos de xullo do 2021 a consecuencia dunha malleira, non se celebrará ata o mes de setembro. O próximo 3 de xullo cumpriranse tres anos do asasinato.-Os mariscadores da ría do Burgo volven cortar arestora un carril da ponte Pasaxe en Oleiros, na entrada á Coruña. Demandan unha saída económica mentres non poden faenar-Os traballadores de Navantia volven manifestarse en protesta polo adiamento por parte da Dirección, da reunión prevista pra onte pra seguir negociando o novo convenio.-Este venres o concello de Rianxo leva a pleno, de novo, os presupostos de 2024 convocando a cuestión de confianza logo de que a semana pasada a oposición rexeitara os orzamentos...more13minPlay
May 23, 2024Informativo Galicia 19:50 - 23/05/24O futuro das explotacións agrogandeiras, a pesca, as infraestruturas... son moitos os temas nos que a Unión Europea ten a última palabra. Quedan unhas horas para o arranque da campaña electoral para as eleccións ao Parlamento Europeo e os partidos intensifican a súa axenda.Imos de contado ver as claves de cada formación para estes comicios e analizar que está en xogo para Galicia. Todo nunha xornada na que o presidente da Xunta recolleu o compromiso de Portugal de que a alta velocidade chegue a vigo no ano 2032....more10minPlay
May 23, 2024Crónica de Galicia - 23/05/24Nunhas horas estaremos de novo de campaña electoral. Unha na que o que se decide é quén nos representará no europarlamento durante os vindeiros 5 anos. Un periodo no que se darán pasos moi importantes en materia enerxética e contra o cambio climático, e se tomarán relevantes decisións que afectan a sectores importantes da nosa economía, dende a automoción ó agro ou a pesca. As infraestructuras, os fondos europeos e os dereitos sociais son outras cuestións que pasan hoxe endía por Europa. Malia iso, son as eleccións nas que se produce un índice máis baixo de participación, que raramente ten superado o 55%....more45minPlay
FAQs about Galicia Informativos:How many episodes does Galicia Informativos have?The podcast currently has 14,269 episodes available.