Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.... more
FAQs about Galicia Informativos:How many episodes does Galicia Informativos have?The podcast currently has 14,272 episodes available.
May 22, 2024Informativo A Coruña 8:45 - 22/05/24Bo dia. Comezamos pendentes dos traxectos da alta velocidade que se estrearon onte na provincia. o tren Avril da tarde entre Madrid e A Coruña circulo con normalidade logo dos atrasos de máis dúas horas vividos pola mañá, tamén, na media distancia. UGT paraliza as mobilizacións no aeroporto compostelán á espera dunha nova xuntanza pra próxima semana coa nova dirección. Os empregados de Albada, concesionaria da planta de lixo de Nostián, volverán sair á rúa este sábado. Lamentan o deterioro das instalacións e advirten do perigo de desapareción da planta. En Muxía, inquedanza por unha posible moción de censura. O BNG nega os contactos entre o seu partido e o PP pra arrebatar a alcaldía aos socialistas, pero estes, non se fían....more15minPlay
May 22, 2024Informativo Galicia 7:45 - 22/05/24Amencemos pendentes dos traxectos da alta velocidade. Os Avril da tarde entre Galicia e Madrid circularon con normalidade despois dos atrasos de máis dúas horas vividos pola mañá debido a un incidencia. Renfe terá que devolver o importe íntegro dos billetes ós 500 pasaxeiros. Mentres, na crónica xudicial, a Audiencia Nacional absolve a nove membros do clan dos charlíns por branqueo de cartos procedentes do tráfico de drogas. E desde Lugo o conselleiro de Sanidade anuncia un plan para diminuir as tarefas burocráticas dos médicos. Antonio Gómez Camaño prioriza a boa atención á redución das listaxes de agarda, que ve como a consecuencia normal dun sistema público de saúde....more15minPlay
May 21, 2024Informativo Galicia 19:50 - 21/05/24Unha avaría empañou a primeira viaxe dun tren de Alta Velocidade entre Vigo e Madrid. Chegou dúas horas e vinte minutos máis tarde do previsto. O outro AVRIL que hoxe se estreaba na comunidade chegou tamén dende a capital do Estado con algo máis de 19 minutos de retraso á estación da Coruña. Desta volta, explican dende Renfe, por axustes propios dun servizo que comeza a andar.E a Audiencia Nacional absolve por falta de probas a 9 membros do clan dos Charlíns que estaban acusados de branqueo de capitais....more10minPlay
May 21, 2024Crónica de Galicia - 21/05/24Estrea accidentada dos AVES directos desde Galicia a Madrid. A esta hora estaba prevista a chegada do primeiro tren en operación comercial, é dicir, con viaxeiros pero unha nova avaría no sistema de sinalización provocou que o vehículo quedara parado a escasa distancia da estación de Ourense.O convoi chegou a quedar sen electricidade, os pasaxeiros non puideron nin ir ó baño e o tren está a ser remolcado. A circulación xa estivera interrompida entre Santiago e Ourense esta mañá, e provocou demoras de ata dúas horas nas frecuencias que os usuarios utilizan para ir ó traballo ou ó centro de estudos....more45minPlay
FAQs about Galicia Informativos:How many episodes does Galicia Informativos have?The podcast currently has 14,272 episodes available.