Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.... more
FAQs about Galicia Informativos:How many episodes does Galicia Informativos have?The podcast currently has 14,269 episodes available.
May 23, 2024Informativo A Coruña 8:45 - 23/05/24Bo día. Os traballadores da limpeza da provincia chegan a un acordo salarial. A patronal acepta a suba do 9.8 por cento, mentres... comisións obreiras e UGT asinaron un preacordo coa patronal da sanidade privada da província, do que se desmarca a CIG. Reunión esta tarde na sede central de FerroAtlántica en Madrid. Este mércores concentráronse na fábrica de silicio que ha en Sabón, en Arteixo. Protestan por un convenio que leva caducado 18 meses. o deseño da fachada marítima da Coruña recibiu por fin o apoio decisivo de tódalas administracións implicadas e para a resolución da débeda que acumula a Autoridade Portuaria pola construcción do porto exterior. A Plataforma "Ulloa Viva", que se opón á instalación da macrocelulosa de Altri en Palas de Rei, quenta motores de cara á manifestación do domingo. Denuncian o impacto negativo da macrocelulosa na conca do Ulla e a ría de Arousa....more15minPlay
May 23, 2024Informativo Galicia 7:45 - 23/05/24Temor na pesca galega ás consecuencias da crise diplomática con Arxentina. Nese país faenan case un centenar de embarcación con base en Vigo. Cada ano entran no porto da cidade olívica 50 mil toneladas de peixe e marisco procedentes dos caladoiros arentinos. Advirten: otros competidores, especialmente os asiáticos, poden facerse cargo dese mercado se continúan as tensións. No Senado, a comisión de pesca aprobou unha iniciativa do BNG que reclama un plan de axudas para o sector marisqueiro. Unha crónica política marcada esta xornada polo comezo da campaña das eleccións europeas. O PP escolle Pontevedra e A Coruña para a pegada de carteis; o Psde vigo e o BNG Santiago...more15minPlay
May 22, 2024Informativo Galicia 19:50 - 22/05/24O sector pesqueiro galego con intereses en Arxentina non agocha a súa preocupación ante crise diplomática aberta con España.Escoitamos de contado as voces do empresariado galego e tamén do arxentino que estes días se reúnen na feira da industria naval de Vigo. E debullamos o acordo que hoxe asinaron todas as administracións implicadas no futuro da fachada marítima da Coruña. Lideradas polo Concello, comprometéronse a un deseño conxunto dos usos que terá o porto interior da cidade....more10minPlay
May 22, 2024Crónica de Galicia - 22/05/24O sector pesqueiro galego mira con preocupación as tensións diplomáticas con Arxentina. Temen que poñan en risco a actividade de 80 embarcacións con capital nacional, milleiros de postos de traballo e o abastecemento á industria galega de materias primas pesqueiras. Os armadores de Vigo lembran que é un dos principais caladoiros pro porto e a inseguridade xurídica pode poñer en risco esta posición. Hai un motivo máis de preocupación: este ano deben renovarse as cotas de pesca en augas arxentinas, un terreo no que os barcos galegos levan medio século sendo os dominantes. Este foi un dos temas importantes de conversa na feira do naval que se celebra en Vigo, e na que tamén hai empresas do país austral...confían en que as relacións se manteñan en bos termos, coma ate o de agora ....more45minPlay
May 22, 2024Informativo A Coruña 8:45 - 22/05/24Bo dia. Comezamos pendentes dos traxectos da alta velocidade que se estrearon onte na provincia. o tren Avril da tarde entre Madrid e A Coruña circulo con normalidade logo dos atrasos de máis dúas horas vividos pola mañá, tamén, na media distancia. UGT paraliza as mobilizacións no aeroporto compostelán á espera dunha nova xuntanza pra próxima semana coa nova dirección. Os empregados de Albada, concesionaria da planta de lixo de Nostián, volverán sair á rúa este sábado. Lamentan o deterioro das instalacións e advirten do perigo de desapareción da planta. En Muxía, inquedanza por unha posible moción de censura. O BNG nega os contactos entre o seu partido e o PP pra arrebatar a alcaldía aos socialistas, pero estes, non se fían....more15minPlay
FAQs about Galicia Informativos:How many episodes does Galicia Informativos have?The podcast currently has 14,269 episodes available.