Un bombeiro faleceu hai unha hora en Vigo ó derrubarse a parede dunha vivenda en mal estado na avenida de Beiramar. Estaba a traballar precisamente en asegurar o tellado do inmoble, segundo vén de confirmar a Policía Local. O home tiña 48 anos. Arestora a zona continúa baixo vixilancia das forzas de seguridade. O concello acaba de decretar un día de loito.Esta é a última hora dunha mañá na que temos máis asuntos. Mentres aumenta a carestía da vida e o número de persoas en exclusión, en Galicia o ingreso mínimo vital só chega a unha décima parte das persoas que o precisan. Ademais, na nosa comunidade, esa prestación estatal é incompatible coa axuda autonómica, coa Risga.De contado debullamos os datos. Todo cando estamos a menos dun mes das oposicións do ensino: o conselleiro confirmou esta mañá que serán o 22 de xuño en 15 localidades. Educación Infantil e á área con máis aspirantes por praza.Nas rúas da Coruña, manifestación do persoal de Albada, a concesionaria da planta de tratamento de residuos de Nostián.Nos deportes, o Deportivo xoga co Irún nunha tarde na que os afeccionados están citados para festexar o ascenso.