Rematou a conta atrás. Tras a viaxe e probas do pasado martes co ministro Óscar Puente, esta mañá os trens Avril traen a alta velocidade as cidades do Eixo Atlántico. Primeiro día de traxectos comerciais, con catro viaxes: dúas de ida cara Madrid, outras dúas desde a capital estatal cara a nosa comunidade. 20 minutos de aforro no traxecto. No verán está previsto que aumente as frecuencias unha vez rematen as obras de chamartín. Tamén está pendente a entrega de máis veículos por parte de Talgo. Este luns, despois do consello da Xunta, Alfonso Rueda lembrou que a alta velocidade aínda ten unha débeda pendente e Galicia: a da conexión Vigo-Portugal. Esta semana reunirase co goberno luso. O executivo autonómico anunciou ademais un investimento de 18 millóns de euros en axudas para as empresas auxiliares do sector da automoción. E hoxe, en Vigo, cita coa industria naval, comeza a novena edición de Navalia. E seguimos pendentes da operación contra a droga con conexións en Galicia e Portugal. Unha tonelada de cocaína incautada, parte dela no interior de frotas coma melóns.