Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Informativo A Coruña 8:45 - 10/01/24
    A Xunta vai ampliar en 100 o número de operarios que traballan nos areais á espera de que chegue a axuda estatal. Todo despois de coñecer que o goberno autonómico elevará a nivel dous o CAMGAL, o plan de continxencia por contaminación mariña accidental. Unha nova que chega trala demanda dos concellos máis afectados de pedir máis axuda na limpeza dos areais. Entre estos concellos, Muros e Noia onde tamén preocupa o dano o sector pesqueiro. - Na páxina Política, O partido socialista é o primeiro en completar as listas pro 18 de febreiro. A executiva provincial da coruña, ratificou onte a sua proposta de candidatura coa independente Patricia Iglesias á cabeza. - O Plan Único da Deputación provincial, uns fondos para obras, servizos e gasto social acadan este ano que na comarca de Compostela os 16 millóns e medio de euros- O escritor coruñés de literatura infantil e xuvenil, Miguel Angel Lopez, que era máis coñecido nas redes como O hematocrítico, foi recoñecido, a título póstumo, coa medalla de Ouro ao mérito nas Belas Artes de España
    16 min
  • Informativo Galicia 7:45 - 10/01/24
    Dos mil sacos de pellets que perdeu un buque mercante fronte ás nosas costas, só o 10 por cento puido recollerse. A previsión é que nos vindeiros días continúen chegando as bolas, a maior parte da carga segue no mar. Con esta previsión, o goberno galego decidiu elevar o nivel de emerxencia polo que o seguinte paso será a chegada da axuda estatal. Mentres, pensando nas eleccións, agardamos a coñecer as listaxes dos diferentes partidos. No caso do PSdeG, salvo sorpresa, tres mulleres encabezarán as listas da Coruña, Pontevedra e Ourense: Patricia Iglesias, Elena Espinosa e Carmen Rodríguez Dacosta. Por Lugo, xa saben, o candidato Gómez Besteiro. No sanitario, o Sergas amplía a campaña de vacinación contra a gripe e a covid ata o 26 de xaneiro
    15 min
  • Informativo Galicia 19:50 - 09/01/24
    Finalmente a Xunta corrixe e toma a decisión e eleva o nivel de alerta pola contaminación de boliñas de plásticos no noso litoral. Anunciouno este mediodía o presidente da Xunta e mesmo rectificou ao seu vicepresidente primeiro que horas antes negara a necesidade de facelo. Rueda xustifica a decisión en que así o goberno central poderá colaborar nos labores de limpeza. Nas próximas horas farase efectivo ao cambio de nivel de emerxencia. Mentras continúa a liorta entre goberno e Xunta sobre se o goberno autonómico estaba informado a comezos de decembro de que caeran en augas portuguesas os contedores que levaban os pellets de plástico. Moncloa insiste en que a Xunta o sabía e por iso llo trasladou aos concellos, pero desde Galicia negan que foran informados.
    10 min
  • Crónica de Galicia - 09/01/24
    Ecoloxistas en Acción e Podemos presentan denuncias contra a armadora propietaria do buque Toconao. Cren que se produciu un delito contra o medio ambiente e os recursos naturais. Ecoloxistas pide que se deposite unha fianza de 10 millóns de eurosOs socialistas galegos aprobarán esta tarde no comité nacional as suas listas pro 18 de febreiro. José Ramón Gómez Besteiro será o número 1 por Lugo, coa alcaldesa da cidade, Lara Méndez de segunda. Todo apunta a 3 mulleres pras outras provinciasA máscara será obrigatoria nos centros sanitarios dende mañá. Os colectivos médicos cren que pode ser unha ferramenta en picos de demanda. Tamén a posibilidade das autobaixas pra procesos cortos, ainda que cómpren, din medidas de controlOs armadores galegos esperan un cambio na decisión do arxentino Javier Milei de cambiar as normas pesqueiras. Está en xogo o futuro de case cen barcos de sociedades mixtas galego-arxentinas e uns 400 millóns de euros anuais
    45 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.