Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Informativo A Coruña 8:45 - 08/01/24
    Na Coruña, o BNG pídelle ó goberno local que se reuna co comité de empresa de Nostián para darlle información sobre a tramitación do novo contrato da planta. En Carballo o goberno, do BNG, agarda sacar adiante esta xornada o orzamento máis alto da historia da vila: 31 millóns 500 mil euros. No xudicial, hoxe na Coruña, será xulgado o home acusado de intentar matar a súa parella en Carballo en maio de 2022. A fiscalía pide 13 anos de prisión para José Alberto Casal . Deportes. O Racing de Ferrol perdeu na Malata por Un a dous contra o Sevilla que se clasifica así pra octavos da final da copa do Rei.
    16 min
  • Informativo Galicia 7:45 - 08/01/24
    Continúa nas praias galegas a limpeza para eliminar as pequenas bolas de plástico que perdeu un buque mercante fronte á nosa costa. Con enfrontamento entre concellos, Xunta e goberno estatal: non cadran as datas nas que se tivo coñecemento do problema. Alcaldes coma o de Ribeira e o goberno estatal indican que a Xunta sabía o sucedido en decembro; a Xunta insiste en que non soubo nada ata hai unha semana. Unha polémica que chega en plena precampaña. A un mes e medio das autonómicas as últimas enquisas reflicten unha nova maioría absoluta para o PP. Por certo a pasada tarde coñeciamos o falecemento do xornalista radiofónica Luis Rial, pasou por moitas emisoras, entre elas esta casa Radio Nacional. Nos deportes, vitoria do Celta 2 a 4 en Copa do Rei ante o Amorebieta; en baloncestoperdeu o Obradoiro na pista do Barcelona e o Breogán venceu ó Granada.
    15 min
  • Crónica de Galicia - 07/01/24
    O sorteo da lotería de reis deixa premios nunha ducia de administracións galegas. En dez vendeuse algún décimo do primeiro premio e dúas, de Lugo e Santiago, repartiron 500 mil euros do terceiro. Curiosamente a de Lugo é a de Lamas de Prado na que roubaron o pasado xoves. Nas praias galegas segue recollida das boliñas de plástico que sairon do contedor que perdeu un mercante. Varias asociacións ecoloxistas xa anunciaron a presnetaicón dunha querela contra a casa armadora. Nas estradas, ningún accidente grave nas últimas horas despois do que se rexistrou onte sobre esta hora en Malpica. Faleceron os conductores de dous coches, un cidadán portugués e unha veciña de Ponteceso, que bateron frontalmente. No que vai de ano xa acumulamos tres víctimas mortais nas estradas galegas. Deportes... en pouco máis de dúas Lugo e Atlético de Madrid abren no Anxo Carro os dazaseisavos da Copa.... E antes dos deportes no tempo que os sábados dedicamos á cultura falaremos de Luisa Villalta a que este ano se dedican as letras galegas.
    31 min
  • Entrevista Armando Requeixo - 06/01/24
    Abrimos tempo de entrevista... Hoxe imos afondar nunha das figuras máis importantes da poesía galega dos 80 e 90: Luísa Villalta... Poñemos voz a un dos poemas de Luísa Villalta... Coruñesa, a poeta da Cidade, é a homenaxeada nas Letras Galegas deste 2024. Nos vindeiros minutos conversaremos co profesor e crítico literario Armando Requeixo, editor das recentes recompilacións da obra de Villalta feitas por Galaxia. Con el fala ANDREA OCA
    15 min
  • Crónica de Galicia - 06/01/24
    O sorteo da lotería de reis deixa premios nunha ducia de administracións galegas. En dez vendeuse algún décimo do primeiro premio e dúas, de Lugo e Santiago, repartiron 500 mil euros do terceiro. Curiosamente a de Lugo é a de Lamas de Prado na que roubaron o pasado xoves. Nas praias galegas segue recollida das boliñas de plástico que sairon do contedor que perdeu un mercante. Varias asociacións ecoloxistas xa anunciaron a presnetaicón dunha querela contra a casa armadora. Nas estradas, ningún accidente grave nas últimas horas despois do que se rexistrou onte sobre esta hora en Malpica. Faleceron os conductores de dous coches, un cidadán portugués e unha veciña de Ponteceso, que bateron frontalmente. No que vai de ano xa acumulamos tres víctimas mortais nas estradas galegas. Deportes... en pouco máis de dúas Lugo e Atlético de Madrid abren no Anxo Carro os dazaseisavos da Copa.... E antes dos deportes no tempo que os sábados dedicamos á cultura falaremos de Luisa Villalta a que este ano se dedican as letras galegas.
    31 min
  • Crónica de Galicia - 05/01/24
    O Ministro de Transportes viaxou esta mañá ata Vigo nun dos novos trens Avril... Un talgo de ancho variable que hoxe facía unha viaxe en probas e pros que os galegos xa poderán mercar entradas a partir do 1 de marzo. Será a chegada da alta velocidade ó eixo atlántico, dous anos despois da conexión de Ourense. Os trens avril, cuxa entrega motivou o retraso desta conexión, permitirán viaxar en 3 horas e media a Madrid. E con eles chegarán tamén máis prazas por unidade e máis frecuencias
    31 min
  • Informativo Galicia 8:45 - 05/01/24
    Se acudiron estes días a pasear por algun areal, especialmente no Barbanza, verían unhas pequenas bolas de cor branca entre algas, area e rochas. Proceden dunha carga dun buque de mercadorías e están a causar gran preocupación no noso litoral. Na consellaría do Mar insisten en que o perigo contaminante non é inmediato nin demasiado elevado. Sen limpeza axeitada no centro de saúde de Cambre debido ós problemas na empresa encargada do servizoCirurxía pioneira no Hospital de Santiago a unha muller embarazada con cálculos renaisXornada de Cabalgatas: por primeira vez os bombeiros non participarán na de Vigo por falta de persoalVitoria do Deportivo 2 a 1 fronte a Real Sociedade B que o deixa a un punto do play off de ascenso
    16 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.