Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Informativo Galicia 7:45 - 05/01/24
    Moita preocupación pola aparición de pquenos plásticos en numerosas praias do atlántico. proceden dun barco que perdeu un contedor cando navegaba á altura de Viana do Castelo. Polo seu tmaño son difíciles de recoller, pero supoñen un perigo pola posibilidade de que se incorporen á cadea trófica. Baixa o número de doentes que acuden ós hospitais por virus respiratorios, pero de momento as urxencias seguen moi tensionadas. O BNG pide que o presidente Alfonso Rueda explique no parlamento as medidas adoptaas por sanidade. O conselleiro atribúe esta iniciativa a proximidade das eleccións. Deportes. O Deportivo pechou cun triunfo a primeira xornada do ano na primeira federación e sitúase a un punto dos postos de promoción. O tempo. chega a neve ás comarcas de montaña. Pra este venres agárdanse chuvascos que condicionarán as tradicionais cabalgatas.
    15 min
  • Crónica de Galicia - 04/01/24
    Roubo a punta de pistola nunha administración de lotería de Lugo. Os atracadores, que actuaron coa cara tapada, leváronse uns 400 mil euros e deixaron ó loteiro encerrado no local. O BNG esixe a comparecencia de Alfonso Rueda no parlamento pola saturación das urxencias e centros de saúde. Asegura que as citas para o médico de cabeceira tardan semanas e quere que o presidente da Xunta explique que medidas está a adoptar Sanidade. Os sindicatos reciben con satisfacción a venda de Maderas Iglesias ó grupo empresarial vasco Surco InteriorsComprométese a subrogar a 70 dos preto de 170 traballadores da planta do Porriño dedicada a facer tarimas flotantes. O Colexio de Procuradores de Pontevedra denuncia o colapso nos xulgados de Vilagarcía. Urxe a creación dunha nova unidade xudicial. Asegura que se están a fixar sinalamentos de vistas civís para xuño de 2025. O tempo. entrmos nunha situación de chuvascos e máis frío.
    31 min
  • Informativo Galicia 8:45 - 04/01/24
    O Sergas non quere escoitar falar de colapso aínda que a palabra si a citan algunhas asociacións de doentes. A última a do Clínico de Santiago pola situacións das urxencias. En Vigo, hai máis de 500 atencións diarias nese servizo do Cunqueiro. En Ourense canceláronse vacacións de facultativos ante o aumento da demanda. Parte da situación debida á gripe, na súa variante A, e ó covid. - O Concello de Santiago incrementa as horas de atención ós 300 usuarios de axuda no fogar- Campaña da asociación de vivendas turísticas contra as restricións que aplica o concello da Coruña- Polémica un ano máis en Ourense pola presenza de dromedarios na cabalgata de Reis de mañá- O Celta gaña in extremis en Balaídos 2 goles a 1 fronte ó Betis
    15 min
  • Informativo A Coruña. 7:25- 04/01/24
    As urxencias do Clínico de Santiago continúan saturadas, segundo denuncia a asociación de pacientes do hospital compostelán. Pra esta asociación, a masificación de urxencias non só se debe ó aumento dos casos de gripe, senon, sobre todo, a situacion da atención primaria
    5 min
  • Informativo Galicia 7:45 - 04/01/24
    2023 deixa bos datos de emprego. Os demandantes de traballo son menos de 130 mil. Continúa a actividade política, nun mes xa estaremos en plena campaña electoral. E, de momento, os casos de gripe non baixa. As urxencis teñen que atender cada día a máis pacientes. O último informe de Sanidade sinala que en 24 horas acudiron ós hospitais case 3 mil adultos. As asociacións de pacientes consideran que o número non sería tan alto se funcionase ben a atención primaria e se deran citas presenciais sen a demora actual. Deportes. O Celta acaba a primeira volta fóra dos postos de descenso. Onte gañou o segundo partido en Balaídos. Derrotou ó Betis por 2-1 e aproveitouse da derrota do Cádiz. O tempo. Á espera dunha nova borrasca que traerá unha masa de aire frío. Ó final do día a cota de neve vai baixar ata os 800 metros.
    15 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.