Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Informativo Pontevedra 8:45 - 09/01/24
    Seguen chegando boliñas de plástico ás costas galegas. Voluntarios, personal dos concellos e efectivos da Xunta encárganse de retirar os pellets, que segundo o goberno autonomico, non son tóxicos. Con Óscar González, Aitana Vidal, Pablo Lago e Carlos Jiménez.
    16 min
  • Informativo A Coruña 8:45 - 09/01/24
    Chuvia de denuncias e críticas contra a naviera propietaria do buque Toconao que causou a marea branca de boliñas de plástico nas nosas praias- A Fiscalía do Estado xa abriu unha investigación por se se trata dun delito medioambiental. Tamén, a asociación Ecoloxistas en acción presentará hoxe unha querela contra a naviera. Mentres a Xunta descartou activar o nivel dous de emerxencia por esta crise. - O concello de Santiago preve pra este ano a recuperación do comercio local, poñer en marcha a taxa turística e traballar contra o desequilibrio rural. Son algunhas das medidas que están na axenda do goberno local pra este 2024. - A asociación animalista Gatocán, que vendeu 900 boletos do segundo premio no sorteo de nadal, a meirande parte en Cambre, inicia o proceso pra cobrar os décimos premiados. - Na Coruña, Traballadores da empresa de Telemarketing Cibernos concéntraronse a pasada xornada diante da compañia pra denunciar o incumprimento de varios acordos en dereitos laborais
    16 min
  • Informativo Galicia 7:45 - 09/01/24
    Nas praias, voluntarios, persoal dos concellos e un dispositivo de 200 efectivos do goberno autonómico seguen a retirar a marea branca de plásticos. Xa chegaron a Ons e a Sálvora: parque nacional das Illas Atlánticas. Antes facíano a Muros, Noia, Pontevedra, Arousa, Nigrán ou Vigo. Case toda a nosa costa afectada. A Xunta indica que non son tóxicos. A fiscalía xeral do Estado xa abriu dilixencias para investigar o caso. Mentres, a preparación das eleccións deixa cambios en Lugo: Lara Méndez deixará a alcaldía tras nove anos no cargo para ir de número 2 do PSdeG nas listaxes lucenses á Xunta. A dirección da formación en Galicia ten que dar esta xornada o seu visto bo ás propostas das agrupacións provinciais. E hai desacordo no goberno galego coa decisión do Ministerio de Sanidade de dar obrigatoriedade ó uso da máscara en todas as áreas dos hospitais e centros de saúde. Nos deportes, o Celta enfrontarase ó Valencia nos oitavos da Copa do Rei.
    15 min
  • Informativo Galicia 19:50 - 08/01/24
    O asunto da contaminación do noso litoral polos pelets de plástico cobra día a día unha dimensión maior. A delegación do goberno informa de que poderían ser máis de 26 toneladas as que caeran do cargueiro e que agora están a ser espalladas por todo o noso litoral. Desde a Xunta aseguran que de por sí non son contaminantes pero hai que retiralas dos areais. Con este argumento non elevan a nivel dous a situación de emerxencia. Sendo só un, o goberno di que non pode colaborar nos labores de limpeza. Mentras a Fiscalía do Estado xa abriu unha investigación por se se trata dun delito medioambiental.
    10 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.