Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Informativo Galicia 8:45 - 02/01/24
    O ano comezou cunha vítima mortal nas estradas. Un home morreu atropelado no Pino tras ser alcanzado por un turismo que se deu á fuga. Ó volante ía un mozo de 19 anos que permanece detido. Conducía baixo os efectos do alcohol. - Concentración este mediodía da veciñanza de Castroverde pola falta de sanitarios no centro de saúde- Os bombeiros comarcais continúan a súa acampada no Obradoiro en Santiago pero admiten avances na unha última negociación coas administracións- Dúas citas culturais para comezar o ano: o Magic Fest no Teatro Colón da Coruña e o Circo do Sol en Santiago
    16 min
  • Informativo Galicia 7:45 - 02/01/24
    Empezamos o ano cun grave accidente de tráfico no concello coruñés do Pino. Un atropelo que nos deixa a primeira víctima mortal do ano. O conductor, que non parou tra-lo accidente, foi detido pouco despois e deu positivo no test de alcolemia. Sempre, a comezos de ano, a suba de prezos é do máis comentado. E é un inicio de 2024 atípico porque en mes e medio hai eleccións en Galicia e os partidos políticos non detiveron a súa actividde no nadal. Deportes. Tra-lo parón de nadal volve o fútbol en primeira e primeira federación. Hoxe cun enfrontamento entre dous galegos, Lugo-Celta "B".
    15 min
  • Crónica de Galicia - 29/12/23
    O sergas pospón actividades non prioritarias, activa os plans de continxencia e restablece a recomendación de uso de máscaras nos centros sanitarios polo menos durante os vindeiros 15 días. Non é un regreso da pandemia da Covid, senón a suma de enfermidades respiratorias, especialmente a Gripe A, que están a provocar un grande incremento da presión asistencial. Agardan que o pico esté preto de alcanzarse. O BNG pide que o conselleiro compareza na deputación permanente. Cre que o colapso que están a vivir os servizos de urxencias non é un problema puntual, senón estrutural- As reservas de sangue do tipo 0 negativo atópanse en niveis críticos. Tamén están en niveis baixos o resto dos grupos. A axencia galega de doazóns de órganos e sangue fai un chamamento ós cidadáns pra que acudan a doar. - Mañá reabre parcialmente o primeiro dos dous viaductos que colapsaron en Pedrafita. Só se vai poder circular por un carril e cunha velocidade limitda a 50. - Ana Pontón reta ó presidente da Xunta, Alfonso Rueda, a un debate cara a cara. A candidata nacionalista considera relevante que as dúas principais forzas políticas contrasten o modelo e o proxecto que teñen para Galicia. - localizados 500 quilos de cocaína no porto de Vigo. A droga atopábase oculta nunha bolsa de deporte no interior dun contedor. Os investigores estiman que o destono da droga era o porto de Amberes
    31 min
  • Informativo Galicia 8:45 - 29/12/23
    Avances na investigación pola morte a coiteladas de Yoel Quispe na noite de nadal. A policia detivo a dous mozos a pasada xornada. A investigación continúa aberta e non se descartan maís detencións nas vindeiras horas. De seguido ampliamos pero antes vexamos outros titulares das principais cidades galegas con Rosalia Martinez. - Colapso nos hospitais coruñeses polo aumento dos casos de gripe A. Unha situación que está a desbordar ao persoal sanitario, quen asegura non ter visto tanta afluenza de pacientes nin sequera nos peores meses de Covid. - O concello da Coruña aproba definitivamente os orzamentos pro vindeiro ano- Fixoo nunha convocatoria urxente de pleno extraordinario a pasada xornada. - O sector da limpeza da provincia de Pontevedra irá a folga o vindeiro día 10 de xaneiro. Máis de 12.000 persoas dependen dun convenio colectivo cuxa negociación está paralizada
    15 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.