Os mariscadores lamentan non poder aproveitarse dos altos prezos dos bivalbos. Ás lonxas case non chegan moluscos porque a actividade está prácticamente parada en tódo-los bancos marisqueiros. Finalmente, as distintas agrupcións vanse poder reunir o vindeiro venres co conselleiro do Mar. Ese día o marisqueo a frote comeza un paro biolóxico. Así que sin actividade tanto en terra como no mar, hai confrarías como a de Vilanova que xa barallan facer un ERTE. En función da resposata que atopen na administración, os mariscadores non descartan mobilixzacións. - O candidato socialista á presidencia da Xunta traslada ó comité de empresa de Alcoa o cambio que permitirá poñer en marcha proxectos eólicos clave. O Boe publica hoxe a modificación que da prioridade ós parques que teñan a declaración de impacto ambiental favorable, aínda que fóra do prazo límite previsto. - A portavoz de Sumar no Congeso, Marta Lois, será a candidata da formación á presidencia da Xunta nas próximas eleccións autómicas. A propia Yolanda Díaz fará oficial a designación nun acto previsto pra hoxe á tarde en Santiago. - Os empresarios de salas de festa e discotecas de Galicia detectan este ano a metade de festas ilegais. Aínda así calculan que chegarán a case medio milleiro. O sector recupérase tr-la pandemia. - "Cibercarracho" foi escollida como palabra do ano. O neoloxismo, que tira do humor pra alertar dos riscos da ciberdelincuencia, fíxose co 40 por cento dos votos