Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Crónica de Galicia - 28/12/23
    Os inscritos de Podemos-Galicia decidirán esta semana se ratifican o preacordo pra ir con Sumar e Esquerda Unida ás autonómicas. A candidatura estará encabezada por Marta Lois, ata agora portavoz da formación no Congreso. Os pacientes amoréanse nos corredores dosspitais galegos polo aumento dos casos de gripe A. Médicos e enfermeiras móstranse desbordados: aseguran non ter visto tanta afluencia de pacientes nin sequera nos peores meses de Covid. Ata tres protestas coincidiron hoxe en Vigo cadrando co pleno do concello. Veciños de Beade, delegados da CIG e traballadores de Vitrasa que chegaron a interromper brevemente a sesión plenaria. Usuarios do transporte en autobús de ferrolterra piden que se lle retire a concesión a Monbús. Considera insuficiente a sanción anunciada pola Xunta despois de que a compañía deixsra no nadal a ducias de usuarios con billete sen servizo. O tempo. comezaron a abrirse algúns claros polo norte.
    30 min
  • Informativo Galicia 8:45 - 28/12/23
    Os hospitais galegos están desbordados debido ó incremento de ingresos por mor de infeccións respiratorias- En vigo e Santiago, os ingresos diarios superan ás 500 persoas. Con todo, o pico da gripe desta temporada está previsto para a próxima semana. De seguido ampliamos pero antes vexamos outros titulares das principais cidades galegas con Rosalia Martinez. - O alcalde de Pontevedra presentará unha moción de confianza se no pleno extraordinario deste venres non se aproban os orzamentos para 2024. - En Ourense, A Asociación de Familiares de Persoas con Discapacidade Intelectual de Valdeorras reclaman máis prazas para incorporar a máis usuarios. - Traballadoras da cadea de supermercados Mercadona da provincia da Coruña saen a rúa pra denunciar públicamente que a empresa non respecta ás mulleres maltratadas
    15 min
  • Informativo Galicia 7:45 - 28/12/23
    Vaise despexando o panorama político de cara as eleccións autonómicas de febreiro. Sumar, Podemos e Esquerda Unida chegan a un preacordo pra concorrer xuntas... falta só que que o ratifiquen os inscritos da formación morada. Marta Lois será a candidata da coalición. Os bancos marisqueiros non dan máis de si. En pleno nadal, cando os prezos son máis altos, varias agrupacións deciden parar porque o rendemento do traballo é nulo. Dous homes morreron nas últimas horas en accidente: un motorista en Petín e o conductor dun tractor en Outes. Deportes. Novo recoñecemento para a triatleta paralímpica Susana Rodríguez Gacio: premio nacional do deporte correspondente a 2022
    15 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.