Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Informativo Galicia 7:45 - 26/12/23
    24 horas negras na Coruña con dúas mortes violentas. Espertabamos o día de nadal co acoitelamento dun mozo de 22 anos e onte a policía matou a outro home. Pero esta longa fin de semana deixanos ademáis dúas mortes en accidente de tráfico... o máis grave en Noia no que morreu o conductor dun coche e resultou ferido grave o seu irmán. E hoxe si ponse en marcha a maquinaria para as eleccións autonómicas previstas pro 18 de febreiro. O Diario oficiala de Galicia publica a dissolución do parlamento e a convocatoria dos comicios. Deportes. Paulo Alves ponse hoxe á fronte do Lugo. Sustitúe a Pedro Munitis cesado tra-la última derrota do equipo.
    15 min
  • Crónica de Galicia - 24/12/23
    Día de Noiteboa de luto na provincia da Coruña. Esta madrugada a cidade espertaba coa noticia da morte dun mozo, veciño de Arteixo, de tan so 22 anos por acoitelamento. As causas do suceso estanse a investigar. De contado ampliaremos os detalles desta última nova. Tamén lembramos hoxe o aniversario do accidente do Lerez, en Cerdedo Cotobade. Esta noite cúmprese un ano do fatal suceso que acabou coa vida de sete persoas. No tempo de entrevista conversaremos coa cociña económica da Coruña que atende todo o ano incluindo esta noiteboa a centos de persoas en situación de pobreza severa
    31 min
  • Entrevista en R.N.E. Galicia "Cocina Econoica.Os Ninguens". 24/12/2023
    Día de noiteboa...de renións familiares, de ceas abundantes nas que non se mira o gasto.... Esta é unha realidade, pero hai outra... a que non aparece nos medios de comunicación e que contrasta coas masivas compras nas áreas comerciais... A de aquelas persoas que están en situación de pobreza severa e da que nos ocupamos agora. Entrevista de Xosé Manuel García
    15 min
  • Crónica de Galicia - 23/12/23
    Xornada de sábado en clave política. Tralo anuncio de adianto das elección autonómicas galegas, lembramos, pro 18 de febreiro, hoxe o lider dos populares en Galicia, Alfonso Rueda, presidia a xunta directiva do partido onde ademáis presentou o video de precampaña. Doutra banda, o tamén candidato á presidencia da Xunta, o socialista José Ramón Gómez Besteiro, estaba hoxe en Pontevedra. De seguido escoitaremolos. e tamén falaremos do video de nadal que lanzou o BNG, avanzando unha Galicia mellor con Ana Pontón como presidenta. Noutros temas, escoitaremos as reivindicacións das traballadoras da provincia da Coruña da cadea de perfumerias Arenal que volveron hoxe á folga-No tempo de entrevista conversaremos con Lois Patiño, o cineasta galego que vén de estrear nos cines a sua última película, Samsara
    31 min
  • Informativo Galicia 19:50 - 22/12/23
    250 millóns de euros deixou o sorteo da Lotería de Nadal deste ano en Galicia. Con todo son 110 menos que ano pasado. O bo é que desta volta entre o gordo, o segundo e varios quintos os premios estiveron moi repartidos pola nosa xeografía. So o Gordo, o 88008 foi a O Grove, Ourense, Lugo, Santiago a a Pobra do Caramiñal.
    31 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.