Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Informativo A Coruña 8:45 - 22/12/23
    Esperanza pra resolverse o conflito do lixo na Coruña antes de que comece a folga prevista pra noiteboa. Este xoves no marco dunha nova xuntanza, a terceira esta semana e tras dez horas de reunión entre o sindicato STL e a empresa concesionaria, Prezero, parece que houbo un achegamento de posturas. Con todo, este venres volverán reunirse-- Mariscadores a pé de Noia pidenlle celeridade ó Instituto social da Marina, o ISM, no cobro das prestacións . Levan parados case dous meses tralo decreto de cese de actividade e lembran que son moitas ás familias as que dependen destos ingresos. - Esta xornada está previsto que abra ó tráfico o túnel de Sol e Mar en Oleiros, logo de tres anos de obras. - O pleno de Santiago deste xoves aprobou unha iniciativa para elaborar un plan local de accion de loita contra a soidade non desexada
    15 min
  • Informativo Galicia 7:45 - 22/12/23
    Nadal atípico coa convocatoria de eleccións como tamén o será o antroido, en plena campaña electoral. O presidente da Xunta adiantou as eleccións autonómicas para o 18 de febreiro. Un día coma hoxe... normalmente só falariamos da lotería do nadal... pero coa convocatgoria de eleccións hai actividade dos principais partidos políticos. Deportes. o Racing gaña en Valladolid e acaba o ano en segunda posición, de ascenso directo a primeira. O tempo. Hoxe recuperamos a influencia do anticiclón. Vexamos como abre este venres nas principais cidades
    15 min
  • Crónica de Galicia - 21/12/23
    Despexouse a incógnita da data de celebración das eleccións autonómicas galegas. Serán dentro de pouco menos de dous meses, o domingo 18 de Febreiro. Van cadrar en plenas festas do Entroido. Alfonso Rueda consultou ao seu antecesor na Xunta, Alberto Núñez Feijoo, quen xa avanzou que se vai volcar na campaña. A oposición está preparada. Tanto BNG como os socialistas teñen proclamados aos seus candidatos: Ana Pontón e José Ramón Gómez Besteiro, respeitivamente. Sumar Galicia recoñeceu esta tarde que vai ter que acelerar os prazos para contar cun cabeza de cartel electoral en poucas semanas.
    10 min
  • Crónica de Galicia - 21/12/23
    Galicia volverá ás urnas o vindeiro 18 de febreiro. Unha convocatoria adiantada que ven de anunciar o presidente da Xunta, Alfonso Rueda. Por outra banda, nova xornada de preocupación e sorpresa pros traballadores de Alcoa en San Cibrao. Esta mañá almorzaron coa noticia de que os parques eólicos que tiñan que garanti-la metade do suministro de enerxía limpa pro futuro da factoría teñen caducado o seu permiso de conexión á rede. A delegación do goberno empraza a traballadores, xunta e empresa a traballar xuntos pra sacar adiante a reactivación da factoría.
    50 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.