Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Informativo A Coruña 8:45 - 20/12/23
    Sen acordo entre o sindicato de recollida de lixo da Coruña e a empresa concesionaria Prezero. A última reunión deste martes non conseguiu ningún avance pra desbloquear o conflito- Pese a que a folga do STL está convocada a partir de Noiteboa, as rúas da cidade xa comezan a encherse de lixo sen recoller, especialmente de cartón e de papel, nas últimas horas. Traballadores das escolas infantís, privadas e públicas, da provincia da Coruña saíron este martes á rúa nunha nova xornada de folga convocada en toda Galicia. Denuncian o bloqueo das negociacións coa patronal e unas condicións de traballo pésimas. Os traballadores dos centros loxísticos de Inditex de toda España, incluídos os de Zara Loxística en Sabón e Pull&Bear en Narón, levaron onte ata a capital de España as súas protestas contra a diferencia de trato entre centros. Traballadores da empresa de limpeza Jardincelas, de Cambre e Culleredo, seguen sen cobrar aínda a nómina do mes de decembro. A empresa leva máis dun ano demorándose no pago dos salarios e hai dous meses aplicou un ERTE ós seus traballadores.
    15 min
  • Informativo Galicia 7:45 - 20/12/23
    Última sesión de control do ano a partir das 10 no Parlamento galego, no que seguro escoitaremos a palabra 'eleccións' en varias ocasións. Todo cando xa están aprobadas os últimos orzamentos da lexislatura. 13.200 millóns de euros que inclúen 5 mil anuais para dependentes atendidos na casa, bono deporte para mozos federados ou imposto 0 para as transmisións de vehículos sen emisións contaminantes. Son os datos que destaca a Xunta, mentres colectivos como Sos Sanidade insisten en que o goberno galego mente cando di que aumenta os investimentos en sanidade. E seguimos pendentas dunha operación contra o narcotráfico, vinculada ó clan dos Piturros do Salnés. Nos deportes, xornada de liga de fútbol entre semana. Ás nove o Celta visita o campo do Vilarreal. No tempo, menos frío hoxe.
    15 min
  • Informativo Galicia 19:50 - 19/12/23
    O principal foco informativo está hoxe no Parlamento. Ambiente claramente pre-electoral, que marcou a aprobación dos orzamentos pra 2024 e a lei de acompañamento. Saíron adiante só cos votos do grupo popular. Na sesión ordinaria posterior, do máis destacado, a nova petición unánime pro traspaso da AP-9 a Galicia. Pendentes ademais do operativo antidroga no Salnés, que deixa xa case unha decea de detidos.
    10 min
  • Crónica de Galicia - 19/12/23
    Nova operación policial contra o narcotráfico que inclúe rexistros e detencións no Salnés. A Audiencia Nacional dirixe as actuacións, nas que colabora a policía xudiciaria de Portugal. Baltar nega que incorrese nun delito penal por exceso de velocidade. No Supremo, declarou que cando foi captado pola Garda civil circulaba por debaixo dos 200 quilómetros por hora; non a 215 como sinala o atestado. O día 30 abre o primeiro dos viaductos que colapsou hai ano e medio en Pedrafita. Á altura de Becerreá, onde houbo un desprendemento dun noiro, a circulación tamén se normalizara a partir da semana que ven. Manifestación de educadoras infantís na Coruña e Vigo en protesta polo bloqueo na negociación do convenio. Son trece xornadas xa de folga logo dun ano de reunións sen chegar a un acordo coa patronal.
    45 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.