Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Informativo A Coruña 8:45 - 18/12/23
    Esta fin de semana un home foi detido por agredir a sua parella cun coitelo. é o segundo caso de violencia de xénero que ocorre na capital en menos dunha semana. Lembramos que hai poucos días, unha muller de 38 anos era acoitelada nas costas pola sua parella. A vítima aínda continúa ingresada no Clínico de Santiago.
    15 min
  • Informativo Galicia 7:45 - 18/12/23
    Non coñecemos aínda a data das eleccións autonómicas pero o ambiente político é claramente preelectora con actividade este domingo de tódo-los partidos políticos. O PSdeG pechou a convención política na que o seu candidato Gómez Besteiro indicou que Galicia non se pode permitir outros catro ano cun goberno pelexados con todos. E hoxe, novo intento de resolver o conflito laboral nas escolas infantís privadas e de xestión indirecta antes da nova xornada de folga convocada pra mañá. Deportes. O racing sitúase a un punto do ascenso directo tras derrotar ó Tenerife na Malata. O Cádiz suma un punto e devolve ó Celta ós postos de descenso. Amencemos co ceo despexado, pero con moitos bancos de neboa e temperturas minimas máis baixas. Comprobámolo no repaso que cada día facemos destes as distintas cidades
    15 min
  • Crónica de Galicia - 17/12/23
    Onte Pedro Sánchez, hoxe Nadia Calviño. A vicepresidenta primeira clausura esta mañá en Santiago a convención do PSdeG que acolle a Cidade da Cultura. Un acto para lanzar a José Ramón Gómez Besteiro, a aposta socialista á presidencia da Xunta. O presidente do goberno desvelou que lle ofrecera a Besteiro un ministerio no novo executivo estatal, este rexeitouno para afrontar a súa candidatura ó goberno galego. As últimas horas deixan un incendio na Praza da Constitución da Coruña, fronte á Capitania. Ardeu un edificio que antigamente albergou un establecemento hostaleiro, e que estaba en fase de rehabilitación desde hai un ano. Os bombeiros acaban de rematar os labores de extinción. O lume afectou a todas as prantas ata o tellado. Non houbo feridos, aínda que a Policía evacuou por precaución ós veciños de dous edificios próximos. Descoñécese de momento a orixe do lume. Nos deportes, vitoria do Celta ante o Granada en Balaídos. En baloncesto, derrota do Obradoiro en Sar fronte ó Real Madrid.
    31 min
  • Crónica de Galicia - 16/12/23
    Un fondo coa cara en grande de José Ramón Gómez Besteiro, os lemas 'España avanza' e 'Agora camiña Galicia'. É a escenificación da convención do PSdeG que se celebra na Cidade da Cultura de Santiago. Presenza do presidente do goberno, Pedro Sánchez: aposta polo diálogo, pola construción de alianzas entre formacións políticas. Convencido de que 2024 será ano de cambio político en Galicia. É a antesala dos comicios autonómicos: Sánchez en Compostela; na Coruña, Yolanda Díaz. Sumar escolleu Palexco para a presentación oficial da súa comisión promotora. Confía tamén nese cambio. Á marxe da apretada axenda política, o detido como presunto autor dunha agresión á súa muller en Santiago ingresa en prisión provisional. De contado imos cos detalles. No tempo de entrevista conversaremos con Yolanda Castaño, Premio Nacional de Poesía, quen esta semana vén de recibir o galardón Ramón Piñeiro de ensaio
    31 min
  • Informativo Galicia 19:50 - 15/12/23
    Os asuntos de industria e economía marcan a actualidade desta tarde en Galicia. A factoría de Stellantis en Vigo ven de conseguir, como outras industrias de Ferrolterra, que o ministerio para a transición ecolóxica a dote da moi alta tensión o que supón un investimento de 72 millóns de euros. Mentras, non se despexa o futuro inmediato da fábrica de Alcoa en San Cibrao malia que hoxe volveu reunirse a Mesa de Seguimento. Non está confirmado o investimento por parte da multinacional no novo forno de fundición ao que se comprometera en 2021. E a patronal galega amósase moderamente optimista respecto ás prospectivas para 2024. Cre que será un ano de "aterraxe suave" en indicadores como o PIB e o paro.
    10 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.