Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Crónica de Galicia - 14/12/23
    Ingresada unha muller de 38 anos en Santiago tras ser agredida presuntamente pola súa parella. A súa vida non corre perigo e hai un home detido como posible autor do ataque con arma branca. Investíganse os feitos como un caso de violencia de xéneroO BNG propón crer un fondo extraordinario de axudas para o sector marisqueiro ante a alta mortaldade do produto no mar. Pontón denuncia a caída de investimentos destinados ós fondos marisqueiros nos orzamentos da Xunta de 2024Grupos ecoloxistas e afectados piden a retirada do proxecto de construción da autovía A-57. Reclaman que non se leve adiante o próximo tramo previsto, que afecta ás parroquias pontevedresas de Bora e Xeve e á zona de especial conservación do río Lérez. Satisfacción entre os traballadores de Fandicosta ante a presentación de varias ofertas para mercar a empresa viguesa. A pesqueira de Domaio está en fase de ERTE tras acumular débedas de case 100 millóns de eurosNo tempo, sen chuvias en xeral, por diante unha tarde despexada.
    45 min
  • Informativo A Coruña 8:45 - 14/12/23
    Folga indefinida na recollida de lixo da Coruña a partir de Noiteboa. Así o anunciou o sindicato de limpeza STL -o maioritario neste sector. Os traballadores alegan que a empresa concesionaria, Prezero, transgrede os seus intereses e vulnera o convenio colectivo en vigor. - Volven os colapsos ás urxencias do hospital da Coruña. A comisión de centro denuncia que o persoal de enfermaría xa comezou a dobrar quendas e pide maior planificación para facer fronte ó pico de infeccións respiratorias do inverno- O alcalde de Cambre, óscar García Patiño, investigado por un presunto caso de prevariación administrativa. O rexedor está citado para declarar o vindeiro 9 de febreiro polo nomeamento por libre designación do anterior xefe da Policía Local, José Abel Patiño García, en 2021. -Os niveis de cadmio nas verteduras da mina de San Finx, en Lousame, superan máis de cen veces os topes legais. Así o indican as últimas análises, realizadas en outubro
    16 min
  • Informativo Galicia 7:45 - 14/12/23
    Pico asistencial nos hospitais galegos por infeccións respiratorias, no CHUAC da Coruña as enfermeiras comenzaron a dobrar quendas pra atender a demanda. O Sergas argumenta que é propio da época, que é impredecible e que o axuste de recursos humanos está contemplado nos plans de continxencia. Mentres, o goberno galego, que agarda aprobar as contas do 2024 a vindeira semana, incorpora á lei de acompañamento dos orzamentos normas para estipular cando se pode declarar zonas tensionadas nas cidades. Está en desacordo coa lei estatal, que abriría a porta a moitos concellos segundo a Xunta. E nova operación contra a droga. Desenvólvese en Cabo Verde pero hai tres galegos detidos
    15 min
  • Informativo Galicia 19:50 - 13/12/23
    Achéganse as datas de Nadal e lamentablemente como en anos precedentes comezan os problemas nas urxencias hospitalarias. Xa hai denuncias de colapso nos diferentes hospitais da Coruña e tamén no CHUS de Santiago. Para os sindicatos supón o deterioro das condicións coas que se tratan aos doentes e a consiguente perda de calidade asistencial. O director de asistencia sanitaria do Sergas pide tranquilidadade e asegura que se está atendendo con celeridade os casos máis urxentes malia á sobrecarga.
    10 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.