Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Crónica de Galicia - 13/12/23
    O ex militante socialista, Juan Díaz Villoslada, que fora candidato á secretaría xeral do partido fronte a Gonzalo Caballero, incorpórase ás filas de Sumar. Só uns días despois de darse de baixa no PSOE, anúnciase a súa integración na promotora da formación liderada por Yolanda Díaz. Villoslada participará xa este sábado na Coruña na presentación do proxecto de Sumar en Galicia. Asegura que xa levaba tempo xestando a súa separación do PSOE e que a inminencia dunhas eleccións autonómicas, non permitía demorar máis tempo a decisión. Quere contribuír a un espazo onde prime o servizo público, a ética e a coherencia. Cre que Sumar representa todo isto e apunta que é un proxecto de longo percorrido. Porá ó servizo da promotora a súa experiencia en xestión e en Mobilidade.
    45 min
  • Informativo A Coruña 8:45 - 13/12/23
    O exconcelleiro da Coruña Juan diaz Villoslada, que esta mesma semana pediu a baixa do partidO vai pasar a integrarse no proxecto de Sumar Galicia, liderado por Yolanda Diaz. é unha das últimas novas que nos chegan deste mércores- Continúa o intercambio de reproches entre a Xunta e o concello de Santiago pola falta de prazas de aparcamento que hai no hospital Clínico e, sobre todo, por saber a que administración lle compete arranxalo. - Máis dun cento de mariscadoras de Camariñas denuncian que non teñen marisco pra recoller. Unha situación que lles bota a perder a campaña de nadal. -Esta madrugada reanudouse o xuízo polo asasinato de Diego Bello en Filipinas. Retomouse coa declaración da mesma experta en balística que compareceu noutra vista a finais de novembro
    15 min
  • Informativo Galicia 7:45 - 13/12/23
    Cara e cruz para a frota galega tralas decisións dos ministros de pesca europeos que fixaron as bases de cada especie pros futuros anos. Convencen as cotas da pescada ou do rapante, pero hai un recorte moi forte no abadexo ou no linguado. Tampouco na Xunta hai satisfacción total no reparto pactado en Bruxelas. Si aplaude o goberno galego en cambio a incorporación inmediata de 50 policías ó servizo autonómico. Agrádecelle a resposta ó ministro do Interior. E o Sergas presentou unha estratexia para axudar ás persoas con dano cerebral adquirido, inclúe mellor seguimento e plans individualizados. Nos deportes, Marián Mouriño xa é nova presidenta do Celta tras 17 anos de liderado do seu pai, Carlos Mouriño
    15 min
  • Informativo Galicia 19:50 - 12/12/23
    Demorouse o acordo comunitario de pesca, mesmo ata última hora da mañá de hoxe. Pero semellan que hai boas novas para Galicia ainda que tamén hai sombras, como sinala mesmo o Conselleiro de Pesca. Bruxelas autoriza a capturar 11 mil toneladas de pescada o que é un 10% máis. E noutras especies nas que se agardaban recurtes finalmente mantivéronse as cotas.
    10 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.