Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Informativo A Coruña 8:45 - 11/12/23
    A ANPA do CEIP María Barbeito da Coruña, terá que sufragar os costes da metade da ampliación do comedor escolar. Unha situación sen precedentes que as familias denuncian. O BNG de Santa Comba urxe á Xunta unha actuación inmediata no centro de saúde e no colexió Barrié de la Maza có fin de solucionar o deterioro destes dous servizos esenciaisOs traballadores do Hotel Almirante de Ferrol acusan á empresa Pazo Libunca de incumprir coa legalidade vixente, ao non subrogar a dous traballadores que, como o resto do cadro de persoal, terían que pasar de Carrís Hoteis á nova empresa explotadora.
    15 min
  • Informativo Galicia 7:45 - 11/12/23
    Cita esta mañá das autonomías co Ministerio de Facenda, a Xunta quere que se poña sobre a mesa a condonación da débeda das comunidades ou a execución de fondos europeos. Todo nunha xornada na que a frota galega mira a Bruxelas. Reunión de ministros europeos de pesca para decidir as cotas para algunhas especies a partir do ano que vén. Atrás queda unha Ponte da Constitución cunhas cifras de ocupación hostaleira que melloraron as previsións. O balance negativo está nas estradas, con 4 vítimas mortais, a última unha muller de 59 anos en Xinzo. Nos deportes, o Celta pechará esta noite a xornada de Liga en Primeira cunha visita ó campo do Rayo Vallecano a partir das nove.
    15 min
  • Crónica de Galicia - 10/12/23
    En media hora, ás dúas, comeza o Consello de Ministros de Pesca da Unión Europa en Bruxelas. A frota galega mira de esguello os TAC e as cotas para 2024. Ademais, centos de colectivos adiántanse ó Día das Montañas con mobilizacións nas catro provincias para demandar o final da sobreexplotación eólica. Falamos ademais de turismo ó final dunha ponte festiva na que o Camiño Francés a Santiago cumpre 30 anos como Patrimonio da Humanidade. Os actos de celebración comezaron esta mañá cun repenique de campás. Das estradas, atropelo mortal en Xinzo.
    31 min
  • Crónica de Galicia - 09/12/23
    Dous días de loito en Marín. Hoxe e mañá as bandeiras ondean a media asta e suspendéronse tódalas actividades culturais, deportivas e de ocio no concello, en sinal de dó. É a nova tráxica dun día no que botan a chave os centros masivos de vacinación contra a covid e a gripe. Pero a campaña vai continuar a partir do luns nos hospitais e nos centros de saúde. O SERGAS recomenda inmunizarse antes de final de ano.
    31 min
  • Crónica de Galicia - 08/12/23
    As anpas galegas Cren que o anuncio do presidente da Xunta de que á volta do Nadal se ampliará a prohibición dos móbiles nos centros escolares é unha manobra de distración. Lembran que xa hai unha norma vixente dende hai case dez anos, e cren que o goberno galego só busca demonizar as tecnoloxías no canto de formar no seu uso e aproveitalas no ensino. Mentres, hai pais que optan por evitar os posibles riscos do mal uso do móbil evitando que o teñan ata os 16 anos. E organízanse pra rebaixa-la presión social sobre os seus cativos.
    31 min
  • Informativo Galicia 7:45 - 08/12/23
    As últimas horas déixannos un atraco a punta de pistola en Vigo. Foi a pasada tarde nunha sucursal bancaria. Botín de 300 mil euros e operación Xaula para dar cos atracadores nunha cidade ateigada de xente polas luces do Nadal. Detalles, Óscar González, bo día!Un atraco en Vigo que é o sexto na contorna en dous meses. E que coincide coa detención de catro persoas implicadas en roubos en bancos en Pazos de Borbén e Vilaboa. Polo demais, o fundamental deste xoves pasa polo consello da Xunta e a ampliación nas limitacións do uso do móbil nos centros educativos. Agora afectarán tamén ó horario non lectivo. Xa sabemos tamén que a autopsia preliminar non aclara como morreu a muller achada inconsciente en Nogueira de Ramuín, e que a Audiencia da Coruña condenou a 27 anos de cadea ó home que asasinou a unha veciña de Oza-Cesuras en 2021. Nos Deportes, vitorias do Rácing e do Celta na Copa do Rei.
    15 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.