Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Informativo Galicia 19:50 - 04/12/23
    6.773 hectareas arderon en Galicia no que vai de ano segun datos que ofreceu esta tarde no parlamento, o conselleiro de medio rural. é unha das novas que nos deixa a xornada. Tamén escoitaremos as declaracións que nos chegan tralas reunións do persoal do servizo de limpeza de Lugo coa patronal ou dos traballadores de Vitrasa, en Vigo, coa dirección. Todo nun día que nos deixa un dato esperanzador. O paro baixou en novembro en 2.180 persoas.
    10 min
  • Crónica de Galicia - 04/12/23
    Encarnación Regueiro, confirmada coma a terceira vítima mortal de violencia machista do ano. Morreu acoitelada polo seu marido de 88, que logo se suicidou, o pasado venres en Sigüeiro. Os procesos de estabilización do Sergas foron insuficientes para reducir a temporalidade. Enfermeiras en loita asegura que máis da metade do persoal segue sendo eventual ou interino. Nova oportunidade pra supervivencia de Hiperxel. Unha empresa ourensá comprou a marca e prevé reabrir este Nadal 22 das tendas, con oportunidades pra algúns dos 300 traballadoresAprobada a nova lei de artesanía de Galicia. Co obxectivo de modernizar e profesionalizar o sector, sae adiante cos votos de PP e PSOE, e o rexeitamento dos nacionalistas, que a consideran decepcionante
    31 min
  • Informativo A Coruña 8:45 - 04/12/23
    Hoxe continuarán as protestas polo crime machista de Sigüeiro. O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, asistirá xunto a outros membros do executivo, ao minuto de silencio convocado ás once da mañá en San Caetano. -Hoxe celébranse as eleccións que marcarán o rumbo da Universidade da Coruña nos vindeiros catro anos. Ricardo Cao ou Fermín Navarrina, un dos dous será o novo reitor da UDC tomando o relevo de Julio Abalde. -Novas queixas dos pacientes da área sanitaria de Santiago-Barbanza polas alarmantes demoras nas citas de atención primaria. Desde a Asociación de Usuarios do CHUS denuncian que se dan citas con máis de quince días. -Hoxe constitúense as mesas de negociación do ERE que a empresa Telefónica anunciou a semana pasada. A nosa provincia é na que máis traballadores poden verse afectados, xa que hai máis de trescentos
    15 min
  • Informativo Galicia 7:45 - 04/12/23
    Dúas forzas postúlanse como as únicas capaces de conseguir un cambio político en Galicia: Sumar e o BNG. Nestes micrófonos o voceiro de Sumar indicou que non cre que os nacionalistas sexan capaces de convencer ó electorado suficiente para botar ó PP da presidencia da Xunta. A líder do Bloque, proclamada xa oficialmente candidata, vese como única opción. Son as novas políticas duns días marcados polas concentracións de repulsa do crime machista de Sigüeiro, esta mañá haberá un acto fronte á sede do goberno galego. Manifestacións tamén en Moaña, neste caso de novo en defensa da sanidade pública: piden unha vez máis ter de novo un punto de atención continuada. E a madrugada déixanos un pequeno terremoto en Muxía, de 3,1 graos na Escala Ritcher. Nos deportes, pleno de vitorias dos equipos galegos da Primeira Federación masculina de fútbol
    15 min
  • Crónica de Galicia - 03/12/23
    Sen data ainda para as eleccións autonómicas, os partidos prepáranse para uns comicios que marcarán a actividade política da comunidade no primeiro semestre do ano. Arestora en Santiago, no Multiusos do Sar, o BNG proclama a Ana Pontón como candidata á presidencia da Xunta. En xaneiro o PSOE fará o mesmo con Besteiro. E queda por saber cando se proclamará a Alfonso Rueda, que é quen ten a chave e sabe a data na que se convocarán as autonómicas. Na entrevista do domingo o convidado é o portavoz da comsion promotora galega de Sumar. Paulo Castro avoga por un cambio político na comunidade autonoma. Cre, ademais, que o detonante para logralo é a formacion que lidera Iolanda Diaz
    31 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.