Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Informativo Galicia 19:50 - 30/11/23
    Duras Críticas á xestión da Xunta sobre os maiores tutelados. A fundación Paidea, denuncia que as máis de 3.000 persoas que hai en Galicia nesta situación non contan con traballadores sociais suficientes. Ademáis dende a fundación critican que a Xunta non teña en conta as prpostas de mellora que lles ofreceron en anteriores conversas. Algo ó que xa respostou o presidente da Xunta
    De contado escoitaremos a resposta de Alfonso Rueda e avanzaremos outras novas que nos deixa a xornada na que por certo hai apenas unha hora se rexistrou un terremoto de 3'6 graos de magnitude preto da localidade coruñesa de Oroso.
    10 min
  • Crónica de Galicia - 30/11/23
    Pendentes arestora da evolución dos dous tripulantes dun pesqueiro vigués que tiveron que ser rescatados en helicoptero tras sufrir un accidente a 100 millas de Escocia. O buque deu aviso de madrugada, e esta mañá procedeuse ó rescate. Os dous tripulantes están a ser atendidos en Escocia, e as súas familias viaxan nestes intres ata aló. O buque LODAIRO levaba 34 tripulantes a bordo.
    POr outra banda, a investigación sobre a desaparición e morte dun veciño de Mazaricos deu un xiro nas últimas horas... os axentes despregados na zona na que se atopou o seu cráneo atoparon catro bolsas con restos mortais. Investígase se corresponden a Antonio Tuñas ou a outro desaparecido na zona.
    46 min
  • Informativo A Coruña 8:45 - 30/11/23
    Bo día. Máis de catro mil traballadores da sanidade privada da provincia están chamados hoxe á folga. Trátase do primeiro día de paro do sector que leva meses reclamando un convenio digno e salarios xustos. Hoxe remata o prazo outorgado pola direción de EINSA para as negociacións sobre o ERE. O BNG criticou onte no Parlamento que a única solución presentada pola Xunta para os 140 traballadores afectados nas PontesHostelería e Concello de Santiago selan a paz no conflito sobre as inspecións, mentres os veciños da cidade se organizan contra o ruído nocturno. O concello da Coruña dá luz verde os orzamentos municipais máis altos da súa historia. Foron aprobados inicialmente nun pleno extraordinario urxente celebrado este mércores.
    16 min
  • Informativo A Coruña 8:45 - 30/11/23
    Hoxe remata o prazo outorgado pola direción de EINSA para as negociacións sobre o ERE. O BNG criticou onte no Parlamento que a única solución presentada pola Xunta para os 140 traballadores afectados nas Pontes
    Hostelería e Concello de Santiago selan a paz no conflito sobre as inspecións, mentres os veciños da cidade se organizan contra o ruído nocturno.
    O concello da Coruña dá luz verde os orzamentos municipais máis altos da súa historia. Foron aprobados inicialmente nun pleno extraordinario urxente celebrado este mércores
    16 min
  • Informativo Galicia 7:45 - 30/11/23
    Sumar e o PSOE buscarán un acordo de coalición unha vez se produzan as eleccións autonómicas pero non unirán as súas marcas para concorrer xuntas ós comicios. Sumar Galicia insiste no seu papel como forza independente, e comezará esta mesma fin de semana o procedemento de escolla de candidato. Tamén o BNG proclamará oficialmente a Ana Pontón como candidata, aspira a conseguir apoios máis aló do nacionalismo. En Carballeda de Valdeorras, as louseiras afectadas polos desafiuzamentos poderán finalmente continuar coa súa actividade na localización habitual. Houbo acordo in extremis. E colectivos ecoloxistas alertan da elevada contaminación de Vigo e da falta de plans para freala.
    15 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.