Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Informativo Galicia 19:50 - 29/11/23
    Rematou a incertidume dos traballadores das louseiras de Irosa- Samaca, en Ourense. Finalmente esta tarde anunciabase un novo acordo entre a dirección das industrias e os comuneiros, propietarios dos terreos onde se asentan as louseiras.
    Noutros asuntos, escoitaremos as primeiras reaccións á decisión de Bruselas de non incluir a Galicia na contrucción do hidroduto de hidróxeno verde entre Guitiriz-Zamora.
    10 min
  • Crónica de Galicia - 29/11/23
    O hidroducto de hidróxeno verde entre Guitiriz e Zamora foi o único treito do mapa en España que quedou fora dos proxectos de interese común da Unión Europea. Unha decisión da Unión Europea da que o goberno galego responsabiliza ó goberno central. Aínda así, manterán a busca de fontes de financiamento que permita levalo a cabo. Enagás asegura que mantén nas súas previsións este proxecto, comprometido coa Xunta, e o delegado do Goberno fai un chamamento á tranquilidade. Di que Galicia non vai quedar fóra nin do hidróxeno verde nin doutras enerxías renovables.
    45 min
  • Informativo A Coruña 8:45 - 29/11/23
    Bo día. Aumenta a tensión no conclito entre o concello de BEtanzos e Augas de Galicia polo gromo de gastroenterite do verán. A consellería defende que a causa foi o estado da rede do abastecemento, e a alcaldesa insiste en que a Xunta minte.
    Boas novas para a sanidade da provincias. As tres áreas conseguiron reducir os tempos de agarda respecto ao primer semestre do ano pasado. A meta é acadar os niveis previos á pandemia.
    O Concello de Santiago manterá o alugueiro dos autbousers que cuestiona o interventor. Desde o goberno local aseguran que é un procedemento habitual.
    Santiago converterase esta fin de semana na capital do bel canto nunha nova edición do concurso "Compostela Lírica".
    15 min
  • Informativo Galicia 7:45 - 29/11/23
    O hidroduto proxectado por Enagás entre Guitiriz e Zamora para levar hidróxeno verde á Península, e de aí a Europa, non será financiado con fondos europeos. A decisión da Comisión provocou o enfado do presidente da Xunta, que culpa desa decisión á falta de apoios do goberno central a ese proxecto.
    En Carballeda de Valdeorras 250 traballadores das louseiras Samaca e Irosa -e moitos centos máis empregos indirectos- verán esta mañá, se nada o impide, como o seu futuro laboral queda en perigo. Terán que deixar finalmente os terreos nos que están situadas.
    Por certo O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia suspende cautelarmente a licenza do proxecto de parque eólico Campo das Rosas, situado entre os concellos de Cerdedo-Cotobade, Campolameiro e A Estrada. Foi a raíz dunha iniciativa da Asociación Ecoloxistas en Acción Galiza. O proxecto impulsado por Naturgy conta coas autorizacións administrativas previas e de construción da Xunta. O alto tribunal terá agora que analizar o fondo da cuestión e tomar un decisión definitiva.
    En Fisterra, o restaurante Terra, de Brais Pichel, gaña a súa primeira Estrella Michelín. É o único establecemento en Galicia que entra na listaxe das 30 novas distincións concedidas.
    15 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.