Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Crónica de Galicia - 02/12/23
    Do e consternación en Sigüeiro polo acontecido coa parella de octoxenarios que morreu onte. Todo semella indicar que o home asesinou á muller e logo se suicidou. Este mediodía os veciños concentráronse e gardaron un minuto de silencio en sinal de rexeitamento. Mentras, a Garda Civil segue a investigar as circunstancias do suceso. Podería tratarse do terceiro caso neste ano de falecemento dunha muller en galicia por violencia machista
    31 min
  • Crónica de Galicia - 01/12/23
    O Eixo atlántico presentou esta mañá o seu mpa de cohesión socio-territorial do eixo atlántico. Un documento que repasa propostas pra combate-lo envellecemento e a perda de poboación que non por moi sabidas deixan de ser pertinentes, coma a necesidade de bos servizos públicos no rural pra poder fixar poboación. Pero tamén se apunta unha necesidade maior: a coordenación entre tódolos axentes, dende os concellos ata o estado, que queren loitar contra este grave problema. Porque os esforzos se perden en iniciativas illadas.
    45 min
  • Informativo Galicia 8:45 - 01/12/23
    A polémida polo alugueiro de 12 autobuses para o transporte municipal por parte do concello de Santiago centrou o momento máis controvertido no pleno deste xoves. Traballadores de Alsa Ferrol piden a actuación do concello e da Xunta para rematar cos atrasos nos servizos de autobús, provocados polas múltiples obras que se están a realizar na cidade. Éxito na primeira xornada de folga na sanidade privada da Coruña. Así o afirman desde a Cig, o sindicato convocante, que sitúa o seguemento no cen por cen nos hospitais privados da provincia. Rexistrado un terremoto de magnitude 3,3 na escala Richter, na localidade coruñesa de Oroso. Deixouse sentir con maior intensidade nas comarcas de Santiago de Compostela e de Ordes, aínda que sen consecuencias.
    15 min
  • Informativo Galicia 7:45 - 01/12/23
    Persoas maiores, con algunha dependencia, enfermidade, ex adictos... Son moi variados os perfís de adultos tutelados. En Galicia hai uns 3 mil nesta situación, pero só 7 traballadoras sociais para encargarse de atendelos. A Fundación Paideia pide explicacións á Xunta, de contado escoitamos a resposta do goberno galego. Un executivo autonómico que prevé aprobar un decreto para regular a actividade investigadora: o obxectivo é ofrecer un traballo fixo en Galicia para que non marchen fóra. En Glasgow, seguen na UCI os dous tripulantes dun pesqueiro vigués tras sufrir un accidente a bordo a 100 millas de Escocia. E moitos xa o notarían, terremoto con epicentro en Oroso pouco despois das sete da pasada tarde. Sentiuse en concellos próximas, coma Santiago. O tremo foi de 3,6 graos na Escala Richter.
    15 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.