Falece unha muller en Nogueira de Ramuín, tras ser atopada aínda con vida nun camiño. Presentaba signos de violencia, estaba medio espida. Morreu unha vez no hospital. De 62 anos e nacionalidade ucraína, vivía co seu marido británico. Non hai persoas detidas de momento, todas as hipóteses están abertas, incluída a violencia de xénero. De contado máis detalles. Outro suceso, de menor entidade, en Mondoñedo. Ferido un cazador tras recibir un disparo accidental. Nas últimas horas protagonismo tamén para a política. As negociacións entre Podemos e Sumar en Galicia para concorrer xuntos ás eleccións galegas están interrompidas trala separación no Congreso, pero a formación morada dá autonomía ás delegacións autonómicas para tomar as súas propias decisións. Nos deportes, derrotas do Deportivo e do Arenteiro na Copa do Rei; vitoria do Lugo. Hoxe xogan Celta e Racing de Ferrol