Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Crónica de Galicia - 12/12/23
    A noite non foi suficiente, e as negociacións prolongáronse durante boa parte da mañá, pero os ministros de pesca da unión alcanzaron finalmente un acordo pro reparto de pesca no atlántico e o mar do norte.... E trae boas novas pro sector, que poderá capturar 11 mil toneladas de pescada, un 10% máis. É a cifra máis alta do que vai de século... qe reciben moi positivamente dende o sector pesqueiro galego. Nalgunhas especies tamén se fixan cotas pra 2025 e 26.
    45 min
  • Informativo A Coruña 8:45 - 12/12/23
    Segunda sanción do concello de Santiago ó Servizo de Axuda no Fogar por incumprimentos graves do contrato. O consistorio sanciona con 20 mil euros á empresa adxudicaria, SERVISAR. Se houbera unha terceira multa o contrato quedaria anulado. En 2024, a Xunta acometerá obras en 17 centros educativos da cidade da Coruña. Investirá un total de 18,6 millóns de euros nunha vintena de obras de ampliación e reforma. Este martes continúa por segundo día a campaña da vieira en A pobra. Arredor dunha trintena de barcos, procedentes de Cambados, Rianxo , vilanova e a Illa están a faenar na zona de Punta OstreiraEn Ferrol, as chuvias están a afectar as instalacións municipais. é o caso do cuartel da policia local ou do edificio dos bombeiros. Sendos lugares non contan cun plan de mantemento dende hai anos.
    15 min
  • Informativo Galicia 7:45 - 12/12/23
    O goberno galego insiste na petición de revisar o modelo de financiamento autonómico e considera pouco equitativo que o goberno central se reserva toda a capacidade de endebedamento, fronte as opcións que lle quedan ós distintos territorios. Así llo trasladou o galego Miguel Corgos ó executivo no consello de política fiscal. Á marxe do debate, os partidos van dando pasos cara as eleccións autonómicas. Sumar Galicia presentará o seu proxecto o sábado na Coruña coa presenza de Yolanda Díaz. E O futuro de Alcoa está no aire. A empresa trasladoulle á Xunta que non pode garantir o cumprimento dos compromisos pactados cos traballadores da fábrica de San Cibrao. Nos deportes, empate a 0 do Celta no campo do Raio Vallecano. No tempo, agárdanse máis choivas nos próximos días. A Xunta activou o Plan Especial de Protección Civil ante o risco de Inundacións. Así, quedan baixo seguimento os ríos da demarcación Galicia-Costa, polo aumento xeral de caudais, e forma particular, o Lérez e Gándara, en Pontevedra, espérase bastante auga a próxima noite.
    15 min
  • Informativo Galicia 19:50 - 11/12/23
    O novo modelo de finaciación autonómica bota a andar. Na primeira reunión do Consello de Política Fiscal e Financieira, Galicia opúxose á proposta do Ministerio. O conselleiro de Facenda dí que fai recaer o recurte de endebedamento nas comunidade e Miguel Corgos segue a sospeitar que se está a negociar con Cataluña ás costas do resto das autonomías. Mentras a frota pesqueira galega segue moi pendente de que nas próximas horas se peche o novo sistema de cotas. Tanto o ministro Planas como o sector amósanse optimistas.
    10 min
  • Crónica de Galicia - 11/12/23
    O sector pesqueiro galego ten por diante unha xornada de tensa agarda polos resultados do consello de ministros de pesca. En xogo están as cotas de pesca do vindeiro ano, e por vez primeira poderían coñecerse as de varios anos nalgunhas especies do atlántico. O Ministro Luis Planas é optimista tralos primeiros encontros informais, pero o resultado non se coñecerá ata a madrugadaUn consello que podería adoptar unha medida crucial pra evitar a desaparición da anguía, en perigo crítico de extinción. Só a prohibición de pescala durante seis anos ou máis pode evitalo, segundo Amigos da terra.
    45 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.