Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Crónica de Galicia - 15/12/23
    O conselleiro de Educación asegura que as taxas de temporalidade quedarán no 3% tralo proceso de estabilización. Rexeita as críticas da CIG; que asegura que a OPE aprobada queda por baixo dos límites legais e dos compromisos previos do goberno galegoModerado optimismo da patronal galega cara ó ano 2024, que agarda unha aterraxe suave. Preocupa en todo caso a falta de man de obra nalgúns sectores, e as trabas que está a sufrir o desenvolvemento da enerxía eólicaO goberno de España sanciona 25 buques por desconectar os seus xeolocalizadores mentres faenan en alta mar. Esta praxe ilegal costará case 160 mil euros ó grupo Nores, propetario do Villa de Pitanxo. Serán 143 mil para Pesquerías Marinenses. Erte ata xullo para os 130 traballadores da mina ourensá da Penouta ante o peche cautelar da instalación. A empresa defende a relevancia da mina para a comarca e recorrerá ante o Supremo a sentenza do alto tribunal galegoNo tempo temos por diante unha fin de semana de anticiclón, con ceos claros e mínimas á baixa.
    45 min
  • Informativo A Coruña 8:45 - 15/12/23
    O pleno da Coruña finalizaba este xoves cunha expulsión-. A primeira de todo mandato da alcaldesa Inés Rey. A rexedora expulsou a Miguel Lorenzo, lider dos populares tras facerlle tres advertencias por falar fóra de turno e dicir que o país está gobernado por un delicuente- O PP aclarou que se referia a Puidgmont e non ao presidente estatal. - A plataforma en defensa da sanidade pública da comarca de Barbanza denuncia que o SERGAS non publica as listas de espera de segunda consulta hospitalaria, é dicir, ás que teñen que ver coas probas de control e revisións. - A policia continua investigando a agresión a unha muller de 38 anos tras ser acoitelada nas costas, este xoves en compostela, presuntamente pola súa parella. - O concello de Santiago vaille rescindir o contrato, por incumprimento, á empresa encargada da reforma das rúas Romero Donallo e Amor Ruibal para introducir un itinerario ciclista na contorna da estación intermodal de santiago
    15 min
  • Informativo Galicia 7:45 - 15/12/23
    Despois dun ano no que a convocatoria de prazas no ensino estaba orientada a estabilizar ó persoal interino, con pouca oferta de novo ingreso, o 2024 chegará con máis de 1.700 prazas para docentes. É a maior convocatoria dos últimos 5 anos. Todo nuns días con moito protagonismo para Sumar. Antes da presentación oficial mañá na Coruña con Yolanda Díaz, a formación deu a coñecer os 50 membros da súa comisión promotora: nela figuran ex cargos do BNG e das Mareas, tamén ampla representación sindical. E seguimos pendentes do estado de saúde da muller agredida presuntamente pola súa parella en Santiago. Permanece ingresada pero a súa vida non corre perigo. Estivera baixo o sistema de protección vioxen, pero pedida a retirada das medidas
    15 min
  • Informativo Galicia 19:50 - 14/12/23
    O presidente da Xunta e do PPdeGa segue sen desvelar a data das autonómica por moito que se lle pregunte. Alfonso Rueda dixo hoxe que a oposición está obsesionada con ela. Pero mentras os outros partidos preparan as súas maquinarias electorais. O PSdeGa coa convención desta fin de semana á que acodirá Pedro Sánchez. Sumar Galicia, que xa renunciou hoxe a pactar con Podemos, vai presentar o sábado na Coruña a súa comisión promotora. E non esquecemos un novo caso de violencia machista cunha muller de 38 anos acoitelada, afortunadamente salvou a vida, en Santiago.
    10 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.