Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Crónica de Galicia - 03/01/24
    O ano 2023 foi un bo ano pro emprego en Galicia. Pecha por baixo dos 130 mil parados, unha cifra que non se vía dende hai 18 anos. A caída foi maior en Galicia que no conxunto do estado e tamén aumentaron as afiliacións á seguridade social. Datos que valoran os sindicatos, pero piden que se poña freo á caída do sector industrial. A Xunta pon o foco en mulleres e mozos, dos máis beneficiados. Porén, tamén coñecemos hoxe que máis da metade dos fogares galegos ten dificultades pra chegar a fin de mes. Unha cifra en ascenso- Sanidade cancela libranzas e vacacións nalgunhas áreas para atender o elevado número de pacientes. O Sergas asegura que as urxencias seguirán á alza nos vindeiros días porque o pico da gripe ainda non chegou. - Sumar apoia as reivindicacións do colectivo de avogados de oficio. A lider da formación, Yolanda Díaz, e a candidata a presidencia da Xunta, Marta Lois, reuníronse na Coruña co sindicato que os representa. - A Coruña é a cidade galega onde máis aumento o número de vivendas turísticas. Un 65 por cento máis nun ano. Os promomtores deste tipo de negocios opóñense as normas que pretende aprobar o goberno local. - 2023 foi un ano record en canto a animais varados nas costas galegas. 3 veces máis ca media dos últimos 30 anos. Inentouse sobre todo a aparición de cetáceos mortos, a maioría por capturas de pesca accidental...
    31 min
  • Informativo Galicia 8:45 - 03/01/24
    A situación do transporte entra na precampaña política. Os socialistas acusan á Xunta de mala xestión tralos últimos problemas de Monbús, concesionaria da maioría de licenzas. Desde Sumar anuncian a creación dun metro lixeiro en Vigo e na Coruña como un dos eixos da súa futura campaña. De contado ampliamos os detalles, antes outros titulares con Rosalia Martinez. - O Sindicato da Limpeza da Coruña leva ante a xustiza ó concello herculino e á concesionaria cunha denuncia na Fiscalía- Agredido un funcionario da prisión de Monterroso a mans dun interno, o persoal pide medidas contra a conflitividade- O alcalde de Pontevedra convoca o pleno da cuestión de confianza ligado a aprobación dos orzamentos- Primeira función do espectáculo OVO do Circo do Sol esta tarde no Multiusos do Sar de Santiago
    16 min
  • Informativo Galicia 7:45 - 03/01/24
    Vaise intensificando a actividade política e os partidos preparan xa as listas electorais. Na Coruña, Julio Abalde, que será relevado este mes como reitor da Universidade, figura na candidatura do PSOE. Xa é xeneralizado o paro no sector marisqueiro... os últimos en solicitar unha veda foron os de arous norte. E Alcoa volve ve-la luz co inicio do rearranque das cubas tras dous anos paradas. Pero será un proceso lento.... durará outros dous anos. Deportes. O Celta volve á competición. Pola tarde recibe ó Betis en Balaídos...Onte na primeira Federación Lugo 0-Celta Fortuna 1
    15 min
  • Informativo A Coruña 7:25 - 03/01/24
    O PSdeG propón a creación dun consorcio de transportes na área metropolitana da Coruña tralos recentes problemas de transporte que levaron a varios usuarios de Monbús a quedar en terra na tarde de Noiteboa e mañá de Nadal ó non circular os autocares Ferrol-Santiago
    5 min
  • Crónica de Galicia - 02/01/24
    O ano 2024 arrinca cos principais partidos en plena precampaña... Alfonso Rueda asegurou en Radio Nacional que quere que o foco se poña en Galicia, e se manteña á marxe da tensión política nacional. O candidato socialista cre que son os populares os que están desviando o foco dos probleas dos galegos, tratando de deslexitimar a Pedro Sánchez. O BNG, pola súa banda, anuncia unha campaña intensa, en positivo, á marxe das liortas das forzas estatais. E reclama un cara a cara con Alfonso Rueda pra contrapoñer as suas propostas- Sucédense as peticións de cese de actividade no sector marisqueiro pola alta mortandade das distintas especies. Non hai produto suficiente, segundo a presidenta da agrupación de Cabo de Cruz, Mercedes Mariño. Xa pediron un cese de actividade cinco meses. - En Alcoa, ponse en marcha o proceso pra poñer de novo en marcha as cubas de aluminio. Será unha reactivación lenta, ata o outono de 2025, cando se conta que as 532 cubas volva a estar operativas na súa totalidade. - Ecoloxistas en Acción denuncia os cheiros, terras e augas contaminadas que xera a planta de lodos de Touro. A Xunta someteu en 2021 a revisión da autorización ambiental pero o procedemento continúa sen resolverse tras varias alegacions e requerimentos. - A provincia de Ourense ten preto de catrocentas persoas centenarias. A asociación Ourensividade, formada por médicos, farmaceuticos e profesionais sanitarios, vai estudar as razóns destes niveis de lonxevidade
    31 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.