Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Crónica de Galicia - 13/11/23
    O goberno galego presentou hoxe a nova sociedade mixta de xestión de recursos naturais. É un dos fitos máis importantes da lei de recursos naturais, aínda en tramitación, que busca, segundo a Xunta, que os beneficios de empregar os nosos recursos naturais queden no territorio.
    Porén, o sindicato CIG cre que o proxecto de lei, que conta cun informe crítico do consello económico e social, non cumpre con eses obxectivos. De feito, acusan ó goberno galego de usalo para favorecer aínda máis ás empresas enerxéticas.
    45 min
  • PONTE_13_634065_2023_11_13T09_03_22.000
    Milleiros de persoas manifestáronse en Pontevedra, así como en tódalas capitais de provincia, en contra da amnistía e dos acordos acadados entre os socialistas e os independentistas para permitir a investidura de Pedro Sánchez. En Pontevedra encabezou a protesta o presidente do PP de Galicia, Alfonso Rueda.
    15 min
  • Informativo A Coruña 8:45 - 13/11/23
    A da Coruña foi a máis multitudinaria das concentracións convocadas polo PP contra a amnistía, en Galicia. Malia que o PP cifra en máis de 10 mil os asistentes, os datos oficiais rebaixan o dato a pouco máis de sete mil.
    -A Universidade de Santiago estuda concertar prazas en residencias privadas pro seu alumnado. Xa iniciou conversas cos novos propietarios do antigo hospital de Galeras
    -Val do Dubra e Trazo unen forzas contra o proxecto do vertedoiro de Niveiro. Pedirán informes sectoriais para evitar a súa instalación na vella canteira
    -O litoral do Barbanza podería estar en risco tra-la crecente chegada de xacintos de auga, unha das plantas invasoras máis perigosas do mundo
    15 min
  • Informativo Galicia 7:45 - 13/11/23
    Miles de galegos tamén sairon este domingo á rúa nas catro capitais provincias convocados polo partido Popular en defensa da igualdade entre os españois. O presidente do PP galego estivo en Pontevedra onde de novo dixo que o acordo de investidura terá un algo custe para Galicia.
    Protesta este luns en Santiago... os bombeiros forestais vanse manifestar para demandar unhas normas que regulen a súa actividade. Teñen previsto unírselles os bombeiros comarcais.
    O camiño de Santiago bate récord de peregrinos cando aínda falta mes e medio par que acabe o ano.
    E, un incendio causou graves danos nunha casa unifamiliar en Monforte. Non hai que lamentar danos.
    Deportes. O Obradoio derrota ó Baskonia no Sar; o sábado tamén gañara o Breogan
    15 min
  • Crónica de Galicia - 11/11/23
    Menos de 24 horas pra convocatoria do partido popular a manifestarse polas rúas das principais cidades galegas en contra da amnistia. Mentres este sábado, a oposición xa manifestou a sua opinión ó respecto. Neste sentido, Jose Ramon Gomez Besteiro, candidato polo PSDG á presidencia da Xunta, criticou a pasividade dos populares ante os actos violentos contra o partido socialista. Tamén, Ana Ponton, lider dos nacionalistas, acusa ós de dereitas de importar a crispación de Madrid á nosa comunidade.
    Noutros asuntos, este sábado, a plataforma Defensa do común celebrou na Coruña a cuarta marcha cívica pra demandar a apertura da Casa cornide, ainda propiedade da familia Franco.
    No tempo da entrevista, falaremos coa investigadora ó cargo do proxecto recentemente premiado pola Academia do Perfume.
    31 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.