Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Informativo Galicia 19:50 - 10/11/23
    Se onte lles contabamos as reaccións ao acordo de investidura entre socialistas e Junts, hoxe toca falar do que se asinou co PNV.
    O presidente da Xunta desta volta di que rompe coa caixa común da Seguridade Social, a que paga as pensións. Pola contra, o delegado do goberno suliña que ao sumar ao PNV e Coalición Canaria, Pedro Sánchez terá o apoio de tódolos grupos parlamentarios agás PP e Vox.
    E esta tarde coñecimos que os 11 imputados na trama principal da operación Pokemon chegaron a un acordo coa fiscalía e non haberá xuizo. Pactaron recoñecer os delitos a cambio de baixar as penas.
    10 min
  • Crónica de Galicia - 10/11/23
    En Valdeorras, traballadores das louseiras precintadas manteñen a vixilancia das instalacións. Tentan impedir que os comuneiros retiren a lousa que quedou almacenada.
    O Seprona abriu expediente a 27 dos 28 centros de tratamento dos coches que son dados de baixa na Coruña. Están investigados por un delicto contra o medio ambiente ó non tratar correctamente os gases do aire acondicionado
    Seguen aparecendo novos focos da enfermidade hemorráxica epizoótica que afecta ás vacas. A un gandeiro de Xermade morréronlle 25 animais e outros 50 están en tratamento.
    A CIG convoca folga xeral nas Pontes para o 23 de novembro. Un paro de catro horas para denunciar a situación socio-económica deste concello coruñés e reclamar un proceso xusto de transición enerxética.
    O temo. chuvias febles e coa temperatura algo máis alta.
    45 min
  • Informativo A Coruña 8:45 - 10/11/23
    O pleno da Coruña aproba a suba do 3 por cento dos impostos municipais, cos votos de PSOE e BNG. Para o PP unha medida indiscriminada e inxusta.
    -O pacto de investidura BNG-PSOE prevé 14 millóns de euros para Santiago de Compostela.
    -Segunda sesión do xuízo polo crime de Oza-Cesuras. Na primeira, o acusado declarouse inocente e culpa a un vello amigo do asasinato.
    -Compostela convértese ata o 25 deste mes na capital do cinema en Galicia. Este xoves arrancou unha nova edición do Cineuropa
    16 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.