Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Informativo Galicia 7:45 - 10/11/23
    División política en Galicia sobre o acordo do PSOE con Junts... Pra Alfonso Rueda acaba coa igualdade; o PSdeG e o Bloque deféndeno, o socialista Gómez Besteiro sinala que tamén suporá beneficios para Galicia.
    A plataforma en defensa do sector pesqueiro non entende as presas coa eólica mariña e pide que primeiro a xustiza resolva sobre os espazos reservados.
    Recollemos a procupación dos sindicatos de Stellantis co plan industrial da compañía.. consideran que deixa moitas dúbidas sobre o futuro da planta de Vigo.
    E alarma esta pasada noite na Estrada: un incendio afectou á catro edificios que foron desaloxados. Puideron volñver ás súas vivendas unha vez que os bombeiros e os equipos de emerrxencia apagaron as lapas e airearon os inmobles
    15 min
  • Informativo Galicia 19:50 - 09/11/23
    O acordo dos socialistas e Junts reforza a Alfonso Rueda para non adiantar as eleccións autonómicas. Dixoo tralo consello da Xunta. Para Rueda é necesario illar a Galicia do resto da política nacional e manter os prazos previstos.
    Socialistas e nacionalistas defenderon hoxe o acordo cos independentistas cataláns. Para uns permitirá un goberno de progreso e para os outros ir cara a un estado plurinacional.
    E no consello da Xunta no que falou Rueda, aprobouse a oferta pública de emprego para este ano: 1.104 prazas.
    10 min
  • Informativo A Coruña 8:45 - 09/11/23
    Folga de consumo dos estudantes na Facultade de Filoloxía de Santiago, en protesta polos prezos abusivos dos menús. Desde a USC xustifican a suba pola inflación...e aumentan os bonos comedor.
    -En Santiago, esta pasada noite, a policia achou o corpo sen vida dunha muller nun narcopiso da rúa Berlin no barrio de Fontiñas
    -.o Concello de Santiago considera unha inxustiza que a Xunta lle esixa máis de catro millóns de euros pra o aparcadoiro do Clínico. Con todo, estudará o proxecto que lle trasladou o goberno galego
    -O concello da Coruña aprobou na xunta de goberno local iniciar os trámites pra reclamación dos 14,1 millons á concesionaria da planta de residuos de Nostián
    15 min
  • Informativo Pontevedra 8:45 - 09/11/23
    O desaloxo dos edificios da rúa Fisterra de Vigo evidencia a situación de moitas persoas que viven en Vigo excluídas socialmente. Os edificios funcionaban como pensións ilegais a 250 euros cada habitación en condicións de miseria e insalubridade. No seu interior xacía o corpo sen vida dun sen teito que levaba morto varios días. E non hai moito que outras 4 persoas, unha nai e tres dos seus fillos, faleceron en Vigo nun incendio que se desencadenou nun cadro eléctrico que estaba estragado.
     
    Con Óscar González, Aitana Vidal, Pablo Lago e Marcela Martín Saracho.
    16 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.