Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Informativo Galicia 7:45 - 08/11/23
    Aínda sen data para a investidura, o pacto asinado polo BNG e o PSOE para dar o 'si' a Pedro Sánchez segue a protagonizar a actualidade. Moitas críticas do PP, que pide cifras concretas da condonación da débeda a Galicia, mentres os socialistas destacan as rebaixas que suporá nas peaxes. E o Bloque pídelle ó presidente da Xunta que aplique a lóxica e defenda os intereses dos galegos.
    Todo nunha xornada hoxe de folga nas escolas infantís privadas e de xestión indirecta. Os sindicatos critican os servizos mínimos fixados pola Xunta, considéranos abusivos.
    No xudicial, declarado nulo o convenio da construción da provincia de Pontevedra. O alto tribunal galego considera que o documento vulnera o convenio estatal. Fora asinado só pola CIG.
    E Galicia gaña poboación. Os datos do Instituto Nacional de Estatística reflicten que no terceiro trimestre sumamos 3.579 persoas máis. Deste xeito, a comunidade supera ós 2,7 millóns de habitantes
    15 min
  • Crónica de Galicia - 07/11/23
    Aínda non hai data pra investidura de Pedro Sánchez, pero socialistas e nacionalistas xa fan as contas dos beneficios que poden traer as medidas pactadas. O deputado e candidato á Xunta, José Ramón Gómez Besteiro, escenificaba hoxe en Silleda un dos puntos que considera máis relevantes: a rebaixa nas peaxes da AP53. A lider nacionalista laenta a postura dos populares, que cualifica de ilóxica, por rexeitaren medidas que van beneficiar ós galegos.... Mentres, o presidente da Xunta critica a inconcreción do documento no tocante á condonación de débeda.
    45 min
  • Informativo A Coruña 8:45 - 07/11/23
    Como unha catástrofe. Así cualifican na ría de Noia os efectos dos últimos temporais. A borrasca deixou nas praias un manton con preto de 50 mil quilos de bivalvo.
    Traballadores da empresa de limpeza viaria e edificios, Jardincelas, dos concellos de Cambre e culleredo, volveron concentrarse este luns pra denunciar o retraso de pago nas súas nóminas.
    Defensa do común convoca pra este sábado día 11 a cuarta marcha cívica pra demandar a recuperación da Casa Cornide.
    15 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.