Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Informativo Galicia 7:45 - 09/11/23
    En Vigo, consumouse o desaloxo de varias vivendas que funcionaban como pensións clandestinas para persoas sen recursos. Antes un dos inquilinos informou da localización dun home morto sen aparentes sinais de violencia.
    O debate polos acordos que o PSOE vai pechando para a investidura de Pedro Sánchez trasladouse este mércores ó Parlamento galego.. o que no houbo foi unha condena unánime dos actos violentos ante a sede socialista.
    E, en Noia, os mariscdores conseguiron volver ó mar 70 toneladas de moluscos que arrastrou o temporal... queda por sber canto sobrevivirá.
    Deportes: o Breogan caeu en Alemaña na Champións League; tamén derrota do Cangas na Liga Asobal
    15 min
  • Crónica de Galicia - 08/11/23
    Os últimos datos demográficos rompen co tópico de Galicia como comunidade emigrante. Xa son máis os que chegan que os que marchan, ainda que haberá que agardar varios anos para coñecer se o impacto da inmigración contribúe a frear o avellentamento
    Terceira xornada de folga nas escolas infantís privadas e de xestión indirecta. Son dúas mil profesionais dun servizo considerado esencial que levan cos soldos conxelados dende 2021. Reclaman o desbloqueo do convenio
    Os usuarios dos servizos de oncoloxía do Clínico de Santiago reclaman aumentos de persoal no servizo. Denuncian esperas de horas para recibir tratamento, ou usuarios sen o seguimento axeitado tras un trasplante de médula ósea
    A illa de Tambo reforestarase con especies autóctonas e abrirase ó público un dos areais. Medidas do novo plan de usos da illa, que inclúe a rehabilitación de edificións para darlle uso sociocultural
    No tempo, hoxe atravesa Galicia unha fronte que está a deixar nubes e chuvias
    44 min
  • Informativo A Coruña 8:45 - 08/11/23
    Facenda amplía ata o 2050 o prazo do pago da débeda do Concello do Miño, O que supón reducir á metade a cota anual de amortización, situada actualmente NUN MILLÓN de euros.
    Hoxe reúnense coa empresa os traballadores de Einsa Print, a compañía de artes gráficas das Pontes. Este martes foi a primeira mobilización dos empregados tralo anuncio do ERE que afectará a 162 persoas
    Este mércores persoal da sanidade privada manifestarase no hospital san rafael da Coruña pra reclamar un convenio digno.
    15 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.