Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Informativo Galicia 7:45 - 24/10/23
    Xornada de folga no ensino público. Convocada pola CIG, ten o apoio doutros tres sindicatos. Organizacións que rexeitan o acordo asinado sobre ratios de alumnos e reducción de horarios dos docentes. Educación instou ós centros a fixar os servizos mínimos.
    Apoio da Xunta ós autónomos..as novas altas non térán que pagar cota durante un ano.
    E as protestas dos bombeiros comarcais deixanno de novo incidentes. Neste caso en Ourense. Un bombeiro e dous policías resultaron feridos. O venres a concentración terá lugr en Lugo.
    O tempo. quedamos baixo unha nova borrasca. con chuvias e vento que soprará forte do suroeste no litoral e zonas altas. Poden acadarse refechos de ata 80 quilómetros por hora.
    15 min
  • Informativo Galicia 19:50 - 23/10/23
    Os autónomos galegos que inicien a súa actividade profesional en 2024 terán "cota cero". O executivo galego subvencionará o cento por cento das súas cotizacións. A medida recollerase nos orzamentos do vindeiro ano, segundo anunciou este luns en Vilagarcía o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, que, por certo, se reuniu esta tarde en Pontevedra co alcalde da cidade. O encontro vén de rematar.
    Polo demais, protagonismo para a mobilización dos bombeiros comarcais en Ourense, con danos materiais, carga policial e varios feridos
    10 min
  • Crónica de Galicia - 23/10/23
    Os galegos que en 2024, comecen a súa actividade por conta propia, que se fagan autónomos, terán cota 0. É a primeira vez que se da esta medida en Galicia, anunciábaa esta mañá en Vilagarcía o presidente da Xunta. Alfonso Rueda estima en 8 mil euros as axudas que poderán recibir os novos autónomos con todas as medidas previstas polo goberno galego.
    E mentres o presidente facía este anuncio, a oposición no Parlamento comunicou a súa intención de presentar emendas á totalidade ós orzamentos do ano que vén
    - Os bombeiros comarcais, en folga desde xuño, levaron hoxe a súa protesta a Ourense. De novo con incidentes e carga policial
    Uns douscentos axentes chegados desde as catro provincias, concentráronse esta mañá ante a Deputación. Agora mesmo non hai ningunha negociación aberta.
    - Tráfico substitúe ó helicóptero con base na Coruña por dróns.
    Os traballadores critican este cambio: consideran que irá en detrimento da seguridade vial.
    - A asociacion unificada da garda civil non descarta presentar unha denuncia en Inspección polas obras no cuartel de Santiago.
    Denuncia o risco laboral e persoal para os 90 axentes destinados no posto compostelán.
    - As navallas das Cíes chegan ó mercado.
    A confraría de Cangas presenta o venres o proxecto de lanzamento de 9 mil latas. Unha iniciativa conxunta co Parque Nacional das Illas Atlánticas
    45 min
  • Informativo A Coruña 8:45 - 23/10/23
    Os veciños de Conxo rexeitaron en asemblea a reforma do centro de sáude do barrio que licitará a Xunta por máis de cinco millóns de euros.
    O concello de Sada decreta tres días de loito polo falecemento de dous veciños da localidade nun accidente de tráfico en Valladolid.
    A auxiliar Maessa, a maior da central térmica de Endesa nas Pontes, presenta un ERE extintivo para todos os seus operarios.
    15 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.