Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Informativo Galicia 7:45 - 23/10/23
    Centos de galegos volveron sair á rúa este domingo para pedir o final dos ataques á poboación de Gaza. Houbo concentración de apoio ó pobo palestino nunha ducia de ciades e vilas galegas. Xusto hoxe comeza en Santiago a semana de cine euroárabe cun coloquio sobre a situación entre Palestina e Israel.
    Nos próximos minutos impos escotar o biólogo molecular José Tubío que dirixiu un estudo sobre o funcionamento dun cancro contaxioso que se da entre os berberechos das nosas rías.
    Deportes. O Racing cedeu un empate en Ferrol ante o Eldense.
    As baixas presións quedan situadas sobre o Cantábrico, cun réxime de ventos do nordés que supoñerán un descenso de temperaturas.
    15 min
  • Crónica de Galicia - 22/10/23
    Unha dúcia de cidades e vilas galegas acolleron este mediodía concentracións convocadas pola Asociación Galiza por Palestina en apoio ao seu pobo. Denuncian crimes contra a humanidade na faixa de Gaza. Por certo que na de Santiago participou a portavoz estatal de Podemos, Isa Serra, entre outros líderes políticos de esquerda.
    Mentras no Camiño de Santiago comeza a preocupar a praga de chinchas en albergues, pensións e pisos turísticos. Veñen nas mochilas dos peregrinos despois do incremento da presenza deste insectos nos seus lugares de procedencia, como París e Lisboa. É unha cuestión que mesmo se vai abordar nun foro da Ruta Xacobea que terá lugar os primeiros días de novembro en Santiago
    31 min
  • Crónica de Galicia - 21/10/23
    A sombra das eleccións autonómicas deixouse sentir nos actos políticos que os partidos convocaron este sábado malia que a data dos comicios autonómicos segue a ser unha incógnita que Alfonso Rueda non despexa.
    BNG e PSOE convocaron esta mañá dous actos pero cecais o máis chamativo sexa o dos socialitas. Alí presentouse por primeira vez xa como candidato do PSdGa, Xosé Ramón Besteiro. Convocado como unha xornada baixo o título de G"alicia, Horizonte 2023, preparando o cambio", contou coa presenza da vicepresidenta Nadia Calviño.
    E o conselleiro de Educación quitou esta mañá importancia á convocatoria de folga do profesorado do próximo martes
    31 min
  • Informativo Galicia 19:50 - 20/10/23
    Nuns días con enfrontamentos cruzados entre Xunta e oposición a conta dos orzamentos de ano que vén, con discrepancias sobre as cifras que se destinan a gasto social, convén coñecer datos que dan conta da realidade de moitas familias: máis de 90 mil nenos da nosa comunidade están en risco de pobreza. De contado debullamos as cifras.
    Todo nunha xornada na que amainou o temporal en Galicia, xa non hai avisos vermellos na costa, aínda que continúan as consecuencias da choiva e o vento. A A6 segue afectada polo desprendemento de terra da pasada tarde, a circulación aínda non se retomou na súa plenitude a altura de Becerreá.
    As últimas horas deixan tamén o falecemento dunha muller de 33 anos nun accidente de tráfico en Celanova, por unha saída de vía que a levou a impactar cun muro.
    10 min
  • Crónica de Galicia - 20/10/23
    O tren de borrascas que barre Galicia dende o xoves deixa xa máis de 600 incidencias atendidas polos servizos de emerxencias. Só nas últimas horas, co paso de Aline e os seus fortes ventos, sumárosne 170 máis. A meirande parte, nesta ocasión por caída de ramas e árbores, con Vigo, Santiago e a Coruña coma as localidades máis afectadas.
    Non hai que lamentar danos persoais, pero sí moita complicación no principal acceso a Galicia, a autovía A6.. Segue cortada e co tráfico en dirección COruña desviado á altura de Becerreá tralo derrbamento dun noiro a pasada tarde. E por se fora pouco, un accidente provocou que o desvío pola nacional á altura do viaducto do Castro tamén tivera que ser cortado esta mañá.
    45 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.