Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Crónica de Galicia - 20/10/23
    O tren de borrascas que barre Galicia dende o xoves deixa xa máis de 600 incidencias atendidas polos servizos de emerxencias. Só nas últimas horas, co paso de Aline e os seus fortes ventos, sumárosne 170 máis. A meirande parte, nesta ocasión por caída de ramas e árbores, con Vigo, Santiago e a Coruña coma as localidades máis afectadas.
    Non hai que lamentar danos persoais, pero sí moita complicación no principal acceso a Galicia, a autovía A6.. Segue cortada e co tráfico en dirección COruña desviado á altura de Becerreá tralo derrbamento dun noiro a pasada tarde. E por se fora pouco, un accidente provocou que o desvío pola nacional á altura do viaducto do Castro tamén tivera que ser cortado esta mañá.
    45 min
  • Informativo A Coruña 8:45 - 20/10/23
    Aviso vermello no litoral atlántico da Coruña ata este mediodía. A borrasca "Aline" traerá ventos fortes e ondas de ata dez metros. En Santiago, o concello máis afectado, o temporal chegou ao terreo político.
    -Xa está no cárcere de Teixeiro o detido polo asasinato de Elisa Abruñedo en 2013 no concello de Cabanas. O Xulgado de instrución número 2 de Ferrol decretou pra el onte á tarde prisión provisional e sen fianza
    -Na Coruña, a "Comisión en Defensa do Común" acolle positivamente a sentenza do alto Tribunal galego que blinda os terreos da Solana fronte a posibles subastas.
    -O BNG comprométese en Ribeira a trasladar ao Parlamento galega as deficiencias do seu sistema sanitario
    16 min
  • Informativo Galicia 7:45 - 20/10/23
    Sen dúbida a noticia da xornada é o tempo, o mal tempo, que nos deixa nas últimas horas a borrasca Aline. O problema principal é que a Autovía A-6 está cortada por mor dun desprendemento de terras que se levou por diante un vehículo sen danos persoais. Nos rexistros de vento chegaronse por exemplo aos 130 kilómetros hora en puntos de Lugo e Ourense e en Forcarei recolleron máis de 100 litros de chuvia por metro cadrado.
    Fora do meteorolóxico, segue a falarse da sentenza do Tribunal Supremo que confirma que Monbús e Alsa se repartiron as liñas de transporte de viaxeiros nos concursos de concesións da Xunta. Púñanse de acordo para optar a eles e cada unha se quedaba ca liña que pactaran de antemán.
    A previsión do tempo para as próximas horas é de que amaine o temporal porque se debilita a borrasca pero no mar hai alerta vermella na costa da Coruña e Lugo
    15 min
  • Informativo Galicia 19:50 - 19/10/23
    A prisión provisional, comunciada e sen fianza o veciño de Narón investigado como presunto autor do crime de Elisa Abruñedo en Cabanas en 2013. Longa declaración ante a xuíza instrutora, desde esta mañá ata hai unha hora, por diante o seu ingreso nun centro penitenciario.
    O temporal deixa en Galicia máis de 400 incidencias entre o mediodía de onte e esta tarde. As provincias da Coruña con 189 incidencias e Pontevedra con 193 están a ser as provincias mais afectadas polos fortes ventos e chuvias.
    10 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.