Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Crónica de Galicia - 19/10/23
    O presidente da Xunta fixo hoxe uso do seu dereito a falar en galego no Senado, en Madrid pra insistir na postura do seu partido en contra de cesións políticas, economicas ou xurídicas fronte a Cataluña. Cesións que buscan só, segundo Alfonso Rueda, afianzar o goberno de pedro Sánchez, e prexudicarían a tódalas demáis autonomías. FDoi nunha comisión das comunidades autónomas na camara baixa... Antes o presidente da Xunta celebraba que o PSdeG teña elexira ó seu candidato a unhas eleccións que segue sen desvelar cando se celebrarán. E é que José ramón Gómez besteiro xa foi proclamado como tal.
    45 min
  • Informativo A Coruña 8:45 - 19/10/23
    O forte temporal da pasada tarde provoca inundacións en Santiago e na Coruña. A nosa provincia foi a máis afectada, con 99 incidencias, cebándose especialmente coa capital.
    -Está previsto que hoxe pase a disposición xudicial do xulgado número 2 de Ferrol o home detido en Ferrol como presunto autor do homicidio de Elisa Abruñedo, asasinada hai máis de dez anos en Cabanas.
    -A asociación veciñal de Eirís e a plataforma de afectados pola ampliación do Hospital da Coruña anuncian novas accións legais, logo de que un xulgado de Santiago anulase o plan de espazos da Xunta.
    -O Concello decretou a suspensión temporal da actividade na sala Malatesta, logo da inspección realizada por técnicos de Urbanismo tralo incendio do 8 de outubro
    15 min
  • Informativo Galicia 7:45 - 19/10/23
    Galicia vai comezar o ano con orzamentos porque o consello da Xunta xa deu o visto bo ao o proxecto de contas para 2024. Soben un 5 por cento ata os máis de 13.200 millóns de euros.
    Mentras que Alfonso Rueda os cualifica de realistas
    a oposición di que o goberno galego fai un uso electoralista dos orzamentos.
    Por certo que Alfonso Rueda adiantou o Consello da Xunta a este mércores porque hoxe vai ao Senado a participar na Comisión Xeral de Comunidades Autónomas onde se falará da posible amnistía aos condenados polo procés.
     
    E o tempo traenos hoxe a chegada da borrasca Aline con ventos fortes pola mañá e chuvias intensas pola tarde...
    O paso doutro frente a tarde pasada xa deixou numerosas incidencias. As chuvias causaron importantes anegamentos en Santiago, no casco histórico e noutros puntos da cidade quedaron atrapados alguns conductores nos seus coches. Tamén houbo problemas pola chuvia na cidade de Pontevedra, A Coruña e Costa da Morte. En total 160 incidencias contabilizou o 112. Os rexistros de chuvia chegaron aos 65 litros por metro cadrado en Poio e de entre 25 e 30 de media.
    En canto ao vento, en Muras rexistrouse o refacho máis forte cunha velocidade de 142 kilómetros horas
    15 min
  • Informativo Galicia 19:50 - 18/10/23
    Unha das protagonistas da tarde está sendo a chuvia. O 112 está a facer balance de danos pero xa adianta que está a haber moitas incidencias por caídas de árbores e vías anegadas sobre todo en Santiago -na zona de Sar-, no Baixo Miño e no Barbanza. De momento sen consecuencias graves. Iso si, precaución.
    Outro protagonista das últimas horas é José Ramón Gómez Besteiro. Non haberá primarias finalmente no socialismo galego porque el é o único dos precandidatos que obtivo os avais necesarios. Optará por tanto á presidencia autonómica polo PSdG nas vindeiras eleccións.
    Mentres, o consello da Xunta aprobou o proxecto de orzamentos galegos de 2024 que esgotan o teito de gasto e se sitúan nos 13.257 millóns de euros. As contas públicas serán remitidas agora ó parlamento pra comezar a súa tramitación. Conteñen unha importante partida pra gasto social, que supera os 9.700 millóns de euros, a maior parte para sanidade.
    10 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.