Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Crónica de Galicia - 17/10/23
    Día internacional pra erradicación da pobreza... as entidades que traballan cos colectivos máis vulnerables insisten na improtancia de ferramentas coma a tarxeta básica, e demandan máis orzamento e mellor coordenación entre administracións pra atender ás súas necesidades.
    Os seus informes rexistran melloras nalgúns indiacdores, coma a cifra de persoas en risco de exclusión que en 2021, ou a pobreza feminina pero preocupa moito ao acceso á vivenda e a pobreza enerxética, entroutros aspectos.
    45 min
  • Informativo A Coruña 8:45 - 17/10/23
    Bo días. O presidente da Xunta comprométese co alcalde de Ferrol a sufragar a partes iguais melloras nas instalacións deportivas e nos barrios da cidade. Son algúns dos acordos da xuntanza entre Alfonso Ruedo e Rey Varela.
    Decepción no goberno local de Santiago co estudo de mobilidade sobre o aparcadoiro do CHUS elaborado pola Xunta. Segundo o edil do ramo é un "power point" que parte de datos erróneos
    Nova mobilización dos traballadores da empresa e Pérez Torres no Porto de Ferrol, en defensa do emprego e contra a precarización das condicións laborais
    Hoxe comeza na Coruña o festival internacional de cine, Intersección- o evento celebra a sua sexta edición cunha ampla programación de cine de autor e novos formatos.
    16 min
  • Informativo Galicia 7:45 - 17/10/23
    A Sanidade é o principal motivo de queixa dos cidadáns ante a Valedora do Pobo, pero tamén os retrasos para acceder os programas de atención á dependencia. A titular da instituición propón unha axuda inmediata sen agardar a avaliación final.
    Desastrosa así cualificaron a pimeira xornada de marisqueo na ría de Noia: poucos moluscos e de baixo calibre.
    En Lugo, a dirección de Alcoa dixolles ós traballadores que agarda reactivar a actividade de fndación num mes.
    O tempo. Por diante unha xornada de vento e chuvia a cambio, as temperaturas arestora son altas.
    15 min
  • Informativo Galicia 19:50 - 16/10/23
    Informe anual da valedora do pobo. Cuestiona o sistema de axudas a dependencia. Pide ó goberno galego que axilice as aportacións económicas e que adopte medidas para reducir os tempos de agarda nas valoracións das persoas afectadas.
    Mentres, arestora continúa a reunión entre o presidente da Xunta e o alcalde de Ferrol. Entre as principais peticións do rexedor ferrolán están a necesidade de construír un novo centro de saúde no barrio de San Xoán e de dotar de máis terreo industrial á cidade departamental.
    En Vigo, prisión provisional, comunicada e sen fianza para o detido como suposto autor do incendio rexistrado a pasada medianoite no pavillón do Carme.
    E a dirección de Alcoa promete ós empregados de San Cibrao recuperar en novembro a actividade na área de Fundición, parada desde comezos de mes.
    10 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.