Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Crónica de Galicia - 16/10/23
    Os incendios forestais que arrasaron Trabada, Ribadeo e Foz dende o xoves deixarán perdas duns 13 millóns de euros. Foron finalente máis de duas mil setecentas hectáreas queimadas na Mariña, a meirande parte de piñeiro e eucalipto, e os propietarios lamentan a importante perda de valor desa madeira, de entre 6 e 8 mil euros por hectárea, que se suman ás perdas ambientais, e mesmo á posibilidade de que os propietarios deixen de considera-las plantacións coma unha fonte de ingresos.
    45 min
  • Informativo Galicia 7:45 - 16/10/23
    José Ramón Gómez Besteiro máis cerca de ser elexido candidato socialista a presidencia da Xunta tra-la retirada de Gonzalo Caballero. Este mércores remata o prazo pra recoller avais para os aspirantes ás primarias. Se o coruñés Manuel Losada non logra reunir 500 apoios... xa non será necesaria a votación prevista para o 29 deste mes.
    Medio Rural da por extinguidos os incendios da Mariña. Entre todos queimaron 2.700 hectáreas.
    As estradas deixannos unha víctima mortal: unha muller faleceu en Carballo tra-lo choque entre un turismo e un camión.
    Deportes. O Racing pecha hoxe unha nova xorada en Segunda. Visita ó Levante. O Deportivo en postos de descenso a pesar de lograr un punto en Ponferrada. E, en baloncesto, derrota do Breogan en Lugo co Valencia por dous puntos.
    O tempo...
    Hoxe quedamos baixo a influencia dunha borrasca centrada ó noroeste, moi preto da nosa Comunidade. Agardamos vento e chuvia... sobre todo no litoral atlántico.
    15 min
  • Crónica de Galicia - 15/10/23
    Os alcaldes dos concellos afectados polos incendios da Mariña solicitan unha reunión co conselleiro de Medio Rural. Queren analizar os danos ocasionados e concretar unha estratexia de traballo conxunta para afrontar a situación, que deixa máis de 2.100 hectáreas de monte arrasadas. A situación en Trabada e Ribadeo permanece baixo control.
    Este 15 de outubro celebramos ademais o Día da Muller Rural. Unha xornada na que son numerosas as voces que claman por máis igualdade, de xénero e de servizos.
    Contra ás dúas menos vinte, a entrevista. Hoxe, co secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso
    15 min
  • Crónica de Galicia - 14/10/23
    Mellora a situación dos lumes en Galicia. Os medios de extinción xa conseguiron estabilizar o de Trabada e Ribadeo, na Mariña de Lugo, despois de 1.200 hectáreas arrasadas. En Foz, controlados os catro rexistrados nas últimas horas. Na zona chove e xa non vai tanto vento.
    Polo demais, sábado con sabor político, cos partidos pensando xa nas próximas eleccións autonómicas
    31 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.