Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Informativo Galicia 19:50 - 13/10/23
    Xornada negra pros montes galegos. Nas últimas horas os incendios forestais na provincia de Lugo e Ourense arrasaron, até o momento unhas 1.900 hectáreas. O máis grave e que segue activo é o de Trabada onde o lume chegou ata Ribadeo, na mariña lucense.
    Este sería o segundo maior incendio forestal do ano en Galicia tralo que houbo en marzo no municipio lugués de Baleira.
    10 min
  • Crónica de Galicia - 13/10/23
    Soterrados na Coruña a muller e os tres fillos que morreron no incendio dun edificio este mércores en Vigo. Seis dos feridos continúan hospitalizados; catro na UCI, un deles en estado crítico
    O Bombeiros dos parques comarcais de Galicia endurecen as súas protestas. Farán efectiva a folga indefinida, convocan varios días de concentracións e non descartan unha folga de fame.
    A Xunta lamenta que o goberno central non abrira unha negociación antes de presentar o recurso contra a lei do litoral. A conselleira Medio Ambiente pide coñecer os argumentos e o informe do Consello de Estado no que se apoio o goberno.
    A Plataforma de Organizacións de Infancia advirte de que o sistema galego de protección de menores está saturado. Hai técnicos de menores que teñen que facer seguimento a 70 ou 80 expedientes, cando a ratio non debería supera-los 30.
    O tempo. van continuar as chuvias baixada notable das temperaturas que aínda seguirán por riba dos 20 graos.
    31 min
  • Informativo Galicia 8:45 - 13/10/23
    Ata sete incendios forestais se declararon nas últimas horas en Galicia. O que máis preocupa é o que comezou a primeira hora da pasada tarde no concello lugués de Trabada. A falta de datos confirmados, estimanse xa que poden ser 400 as hectáreas de monte afectadas.
    15 min
  • Informativo Galicia 7:45 - 13/10/23
    Foi un verán tranquilo, pero a poucas horas de que cheguen as chuvias, volveron os incendios... ata sete nas últimas horas pero que máis preocupa e o que se iniciou no concello lugués de Trabada: en pouco máis de 12 horas xa queimou 400 hectáreas e chegou o municipio de Ribadeo. O vento e a sequedade do ambiente están a facilitar o rápido avance das lalpas que mesmo cruzaron a autovía a-8, por ese motivo cada pouco aparecen novos focos
    15 min
  • Crónica de Galicia - 12/10/23
    Seis persoas, feridas no incendio de Vigo, aínda seguen hospitalizadas. Dúas son familiares das catro víctimas mortais que xa foron identificadas oficialmente.
    Do que non trascendeu nada é das causas do incendio. Sábese que empezou no baixo do inmoble pero non se foi fortuido ou intencionado como sinalaron alguns dos ocupantes das vivendas.
    31 min
  • Informativo Galicia 19:50 - 11/10/23
    A policía científica segue coa investigación do incendio que esta madrugada espertaba á cidade olivica deixando a cifra de catro mortos e varios feridos, alguns deles de gravidade. 30 persoas estaban no edificio no momento no que se declarou o lume contra as 4 da madrugada. Mentres algúns veciños apuntan a auqe o lume puido seer provocado, de momento a policia non descarta nin confirma se houbo intencionalidade.
    10 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.