Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Informativo A Coruña 8:45 - 04/10/23
    Bo día. Novo colapso das Urxencias do Hospital Clínico de Santiago. Ata 24 doentes graves estiveron amoreados nos corredores de urxencias. A Asociación de Pacientes reclama a dimisión dos directivos da área sanitaria.
    O consorcio das Mariñas pídelle celeridade ao concello da Coruña sobre o proceso pra facer en Nostián o cambio de sistema, e sacar a concesión canto antes
    A policía investiga se o atropelo mortal de Santiago ocorrido este martes, no que morreu un home de 59 anos, foi intencionado
    Disconformidade dos taxistas de Santiago coa pretensión do goberno local de aumenta-lo número de licenzas; proposta que a Xunta vai avaliar
    16 min
  • Informativo Galicia 7:45 - 04/10/23
    Nova medida da Xunta, nova crítica da oposición polo que consideran electoralismo. O goberno autonómico anunciou rebaixas nas compras de coches de segunda man, BNG e PSdG veno como un intento de mellorar a súa imaxe pública. A oposición xa anunciou que no debate do estado da autonomía da vindeira semana presentará un proxecto alternativo ó popular.
    Hoxe Alfonso Rueda vaise reunir co alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome. Segunda cita cos rexedores das principais cidades. Mentres, en Madrid, encontro da conselleira Éthel Vázquez co secretario de estado de Transportes co atraso na chegada dos trens Avril ou os problemas de prazas en Renfe como temas centrais
    15 min
  • Informativo Galicia 19:50 - 03/10/23
    Os datos do paro en Galicia non foron bos. Foi a terceira comunidade onde máis subiu o desemprego malia que houbo un aumento importante da contratación indefinida. Pero ainda así segue a precariedade sobre todo cebándose nos sectores da poboación máis vulnerables.
    O día déixanos tamén a inauguración de Conxemar en Vigo. Están representadas 766 empresas e xa é a edición, a 24, maior das que se celebraron ata o de agora. Unha feira que é a máis importante do sector no mundo.
    10 min
  • Crónica de Galicia - 03/10/23
    A fin das contratacións estivais deixa en GAlicia un aumento do paro en 2.918 persoas en setembro. Agora mesmo hai en Galicia 130.640 persoas sen traballo. O incremento do paro afectou a tódalas provincias e a tódolos sectores, pero sobre todo á de Pontevedra e ós servizos. Os sindicatos advirten de que a comunidade segue a presentar un índice de contratación indefinida moi inferior ó do conxunto do Estado. A Xunta resalta que os datos son mellores que hai un ano.
    46 min
  • Informativo A Coruña 8:45 - 03/10/23
    Boas intencións, pero, poucas concrecións. Así podería resumirse o encontro que o presidente da Xunta e a alcaldesa de Santiago mantiveron este luns. Máis de dúas horas de xuntanza, coas que Alfonso Rueda arrancou a rolda de reunións cos rexedores galegos. -Bloqueo nas contas do concello de Cambre. O alcalde denuncia a paralización de todos os pagos do consistorio por parte da nova interventora -En Ferrol, o alcalde denuncia que o concello vai perder máis de dez millóns de euros dos Fondos Next Generation. O rexedor achácao a unha mala tramitación das axudas europeas. -En Abegondo, concello e veciños únense contra un proxecto de subestación eléctrica na parroquia de Folgoso porque din, non conta cun estudo de impacto ambiental
    16 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.