Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Informativo Galicia 7:45 - 02/10/23
    Protagonismo hoxe para o ensino. Xunta e sindicatos teñen unha cita a partir das dez na mesa sectorial para abordar as melloras que demandan desde os centros. A principal está nas proporcións de docente e alumno por aula. Os sindicatos xa adiantaron que a proposta inicial da consellaría non convence. O encontro, que se celebrará na Escola Galega de Administración Pública, será determinante: se non se chega a puntos de acordo, haberá folga.
    Todo nun luns no que o presidente da Xunta inicia rolda de contactos cos alcaldes. A primeira reunión esta tarde coa alcaldesa de Santiago. Sobre a mesa: a implantación da taxa turística.
    E en Cangas, localizouse o corpo sen vida dunha muller que estaba desaparecida desde o luns pasado.
    15 min
  • Crónica de Galicia - 01/10/23
    Domingo de mobilizacións en Galicia.
    A plataforma SOS Sanidade Pública denuncia de novo a política de desmantelamento por parte da Xunta. Hoxe, manifestáronse en Moaña para reclamar a reapertura do seu PAC, pechado desde o 2020 .
    Ademáis, pensionistas galegos concentráronse en Santiago no Día das Persoas Maiores para demandar.
    31 min
  • Crónica de Galicia - 30/09/23
    Conflito no ensino en Galicia. Os sindicatos cualifican de inasumible a proposta de mellora que avanzou Educación, e que presentará este luns na Mesa sectorial. Non descartan mobilizacións se non hai cambios.
    Ademáis, o foco político sitúase na Illa da Toxa, hoxe pasaron polo Foro do Grove o presidente da Xunta e o presidente do Partido Popular.
    31 min
  • Informativo Galicia 19:50 - 29/09/23
    A Xunta pedirá ao goberno central que regule as vivendas turísticas, así o confirmou este venres a conselleira Ángeles Vázquez. Mentres, no Ensino, Educación proporá aos sindicatos unha redución progresiva da ratio alumno/profesor, ata chegar aos 20. A primeira en máis de dez anos.
    10 min
  • Informativo Galicia 7:45 - 29/09/23
    Os servicios ferroviarios na comunidade seguen no primeiro plano da actualidade e sobre todo das reclamacións políticas. A Xunta pide ao goberno central que repoña os servizos ferroviarios que durante a pandemia desapareceron e que segundo o presidente Alfonso Rueda son 200 conexións menos cada semana.
    E neste sentido tamén van as esixencias do BNG para dar o seu voto a Pedro Sánchez na investiddura. A líder nacionalista Ana Pontón avanzóu que lle vai pedir a Sánchez investimentos na rede ferroviaria galega
    15 min
  • Informativo Galicia 19:50 - 28/09/23
    O Rei Filipe Sextao defenda na Illa da Toxa o optimismo para cara sociedades máis libres e prósperas. MEnsaxe no discurso de inauguración esta tarde do "Foro Vínculo Atlántico La Toja".
    Ademáis, a xunta demanda ao goberno central os servizos ferroviarios na súa totalidade.
    10 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.