Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Informativo Galicia 19:50 - 27/09/23
    Boa tarde. As as alusións á fracasada investidura de Feijoo foron unha constante na sesión de control hoxe no Parlamento galego. a OPOSICIÓN sinalou a Alfonso Rueda por mirar máis a Madrid que a Galicia. Unha sesión na que o presidente da Xunta anunciaba o regreso do bono comercio.
     
    10 min
  • Informativo A Coruña 8:45 - 27/09/23
    O persoal de enfermeiría da provincia non descarta ir á folga se a Consellería de Sanidade non se senta a negociar co colectivo sobre as suas condicións laborais. Este martes manifestaronse ás portas dos centros hospitalarios da Coruña e Santiago. - Os Sindicatos de Navantia en Ferrol veñen de rexistrar unha convocatoria de folga indefinida pra reivindicar que as empresas das auxiliares cumplan co convenio do metal - A Plataforma por un Transporte Digno convocou pra esta tarde ás sete unha asemblea na que aspira a espandir o colectivo máis alá da comarca de Ferrol - En Santiago, membros da antiga directiva da asociación "Hostalaría Compostela" admiten a sua culpabilidade por cobro fraudulento de subvencións públicas en 2011.
    16 min
  • Informativo Galicia 7:45 - 27/09/23
    De non amosar compromiso cos galegos e de ofrecer un discurso vacío, sen ideas. É o resumo que fai o BNG do discurso de investidura de Alberto Núñez Feijóo. Hoxe o deputado do Bloque votará en contra. Críticas que comparten os socialistas galegos. Mentres, o presidente da Xunta acudía este martes ó Congreso para apoiar a quen foi líder da autonomía 13 anos. Alfonso Rueda ten claro que o mellor para os intereses de Galicia é ter a Feijóo na Moncloa. Mentres, no Parlamento galego non houbo apoios á tramitación dunha iniciativa lexislativa popular para restaurar a letra orixinal do himno galego, escrita por Eduardo Pondal. Sobre o problema no transporte, ante a elevada demanda dos viaxeiros neste comezo de curso, a conselleira de Infraestruturas e as empresas de transporte por estrada buscan solucións. A primeira medida será mellorar os sistemas de reserva previa. A Xunta tamén pide reforzos a Renfe. No tempo, amencemos con tempo seco, algunha nube ó oeste.
    15 min
  • Informativo A Coruña 8:45 - 26/09/23
    Valoración positiva dos principais dirixentes da provincia dos seus cen primeiros días de mandato. De contado veremos o que máis salientaron e tamén, as criticas da oposición ó respecto. - Hoxe arranca en Santiago o xuízo contra a antiga directiva da asociación "Hostelaría Compostela". Sentarán no banco dos acusados cinco exdirixentes da entidade acusados de cobro fraudulento de subvencións públicas. - A CGT impugna o censo das eleccións sindicais, a celebrar en outubro, ante a Mesa Electoral Central de Navantia Ferrol. - En Fisterra, malestar entre as familias dos alumnos que se ven obrigados a acodir cada día ao instituto a Cee de pé no autobús. Foi unha solución que puxo a Xunta ante a alta demanda de estudantes que hai
    16 min
  • Informativo Galicia 7:45 - 26/09/23
    O presidente da Xunta asistirá este mediodía en Madrid ó debate de investidura do popular Alberto Núñez Feijóo. Faino entre críticas da oposición no Parlamento galego. PSdeG e BNG acusan a Alfonso Rueda de actuar, din, como 'palmeiro' de Feijóo e de arrastrarse ante as directrices do PP de Madrid. Nas filas populares argumenta que só amosa o seu apoio a quen foi líder da Xunta 13 anos. O Goberno en funcións leva á Xunta ante o Tribunal Constitucional por unha suposta invasión das competencias de xestión do litoral. A lei autonómica limita a 15 anos o prazo para actuar contra as construcións ilegais nas zonas costeiras protexidas. Reduce así o período de actuación establecido na lei de costas do Estado. Así o anunciou a portavoz do executivo tras a celebración do Consello de Ministros, que tamén deixa a data de repetición das eleccións municipais en Castro Caldelas: o 26 de novembro
    15 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.