Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Crónica de Galicia - 25/09/23
    Dende hoxe, todolos nenos que nazan en Galicia van recibi-la vacina do Virus respiratorio sincitial, causante cada ano de numerosos ingresos de cativos por bronquiolites. Tamén serán repescados os cativos que teñan menos de seis meses. Unha campaña que se inicia o mesmo día que se pon en marha a dobre vacinación de covid e gripe ós 30 mil usuarios de residencias de maiores e centros de discapacidade. Logo continuarán outros colectivos vulnerables - Ecoloxistas en Acción denuncia ante o Tribunal Superior a todo o consello da Xunta Considera que o goberno galego cometeu un delito de prevaricación ó declarar de interese autonómico o proxecto de cidade deportiva do Celta en Mos. - Comezaron as obras para arranxar o viaduto na N-541 sobre o Lérez onde a pasada Noiteboa faleceron sete persoas nun accidente de autobus. Comezan as obras días despois de que os alcaldes demandaran unha reforma integral da estrada, e os condutores insisten na falta de seguridade da vía - Monbús opera na Comunidade Valenciana con autobuses adscritos ás súas concesións en Galicia. A empresa luguesa gañou un lote de rutas nun concurso do goberno valenciano, ofrecendo 54 autobuses que xa están asignados a un servizo de transporte regular en Galicia - Preocupación entre os gandeiros da Serra do Barbanza trala aparición de nove cabalos mortos a tiros en Boiro. Os propietarios non se explican o motivo dunha matanza que xa investiga o SEPRONA. Todos eran de pura raza galega e foran desparasitados na rapa das bestas
    45 min
  • Informativo Pontevedra 8:45 - 25/09/23
    A primeiras horas da tarde aterra no aeropuerto de Peinador o avión no que viaxa ó rei Xoan Carlos no que vai ser a súa cuarta estadía en Galicia para participar nunha regata en Sanxenxo. O rei aloxarase como é habitual na casa do seu amigo Pedro Campos. Coincidirá esta semana co seu fillo o rei Filipe sesto, que vai inaugurar o foro da Toxa.
     
    15 min
  • Informativo A Coruña 8:45 - 25/09/23
    O presidente da Xunta esixe ao Goberno central concreción sobre as transferencias económicas que lle corresponden a Galicia o próximo ano. Nunha entrevista en Radio Nacional, Alfonso Rueda indicou que descoñecen as cifras e que, sen elas, o executivo autonómico non pode elaborar os seus orzamentos para 2024. Tamén pide que non se priorice a Cataluña. E sobre as eleccións galegas: non concreta datas, só di que serán, como moi tarde, en xuño. Todo nunha xornada na que comeza a dobre vacinación de covid e gripe nas residencias de maiores. E a do virus respiratorio sincitial en bebés. E comezan as obras de reparación da ponte da Nacional 541 en Cerdedo Cotobade no que se produciu o accidente do autobús a Noiteboa pasada con sete falecidos. Por certo hoxe está prevista a chegada a Galicia do rei emérito pra, unha vez máis, participar nunha regata en Sanxenxo. O xoves cadrará en Galicia co rei Filipe, que estará na Toxa na inauguración do foro anual que se celebra na illa.
    15 min
  • Informativo Galicia 7:45 - 25/09/23
    o presidente da Xunta esixe ao Goberno central concreción sobre as transferencias económicas que lle corresponden a Galicia o próximo ano. Nunha entrevista en Radio Nacional, Alfonso Rueda indicou que descoñecen as cifras e que, sen elas, o executivo autonómico non pode elaborar os seus orzamentos para 2024. Tamén pide que non se priorice a Cataluña. E sobre as eleccións galegas: non concreta datas, só di que serán, como moi tarde, en xuño. Todo nunha xornada na que comeza a dobre vacinación de covid e gripe nas residencias de maiores. E a do virus respiratorio sincitial en bebés. E comezan as obras de reparación da ponte da Nacional 541 en Cerdedo Cotobade no que se produciu o accidente do autobús a Noiteboa pasada con sete falecidos. Por certo hoxe está prevista a chegada a Galicia do rei emérito pra, unha vez máis, participar nunha regata en Sanxenxo. O xoves cadrará en Galicia co rei Filipe, que estará na Toxa na inauguración do foro anual que se celebra na illa.
     
    15 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.